Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Agenda de actividades de MUNCYT A Coruña

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de outubro de 2024, elaborada arredor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/10/2024 ata o 31/10/2024

Horario:

  • Martes a sábados: das 11.00 ás 19.00 h
  • Domingos e festivos: das 11.00 ás 15.00 h

Prezo:

gratis

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña

Tel.: 689 578 727

Correo electrónico: reservascor@muncyt.es | infomueso@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

twitter.com/muncyt

Documentos:

Axenda de outubro do MUNCYT (pdf) (994 KB)

TEATRO: CEREBRUM

MÉRCORES 23 ÁS 20.00 H. Público xeral (a partir de 12 anos). Reserva previa.

Show didáctico conducido polo neurocientífico Casto Rivadulla e o actor apaixonado pola ciencia Vicente Mohedano. Non é exactamente unha charla ou un discurso. Non é estritamente un drama ou unha comedia. É un pouco de todo. O seu obxectivo é transmitir coñecementos dunha forma atractiva e divertida, pero sen abandonar o rigor. Enmarcada na XXIV Reunión da Asociación de Museos e Centros de Ciencia e Técnica que se realizará nas sedes do Muncyt, Mega Museo Estrella Galicia e a Domus.

TALLER: TECNOLOXÍA EN FAMILIA: CINTA TRANSPORTADORA

SÁBADO 26 ÁS 12.00 H. Público xeral e familiar. Reserva previa ou no despacho de billetes.

A Noite Europea dos Investigadores é un evento público a escala europea que mostra a diversidade da ciencia e o seu impacto na vida cotiá da cidadanía de forma divertida e inspiradora. Promovido pola Comisión Europea desde o ano 2005 o último venres do mes de setembro, este ano o evento terá lugar en 25 países. O Muncyt colabora desde a súa primeira edición en Galicia con entidades dedicadas á investigación e á divulgación da ciencia. As actividades terán lugar o último venres do mes.

CHARLA: XORNADAS PROFESIONAIS

MÉRCORES 30, EN HORARIO DE MAÑÁ. Público xeral. Inscrición previa.

Produtores e profesionais en xeral do turismo e da hostalería están convocados a participar nestas xornadas organizadas pola Deputación da Coruña nas que persoas destacadas nestes ámbitos, mesmo con recoñecemento internacional, como as Estrelas Michelín nalgún dos casos, expoñerán diversos puntos de vista e motivarán unha maior profesionalización do sector. O museo acollerá a xornada de peche na que, ademais de asistir ás conferencias, as persoas participantes poderán visitar no museo pezas vinculadas aos sectores da alimentación, turismo ou gastronomía.

VISITA: CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES

SÁBADOS E DOMINGOS ÁS 12.30 E 17.00 H. Público xeral e familiar (idade recomendada a partir de 6 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes.

Visitas guiadas nas que coñecer as pezas de gran tamaño da Sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a impoñente cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os obxectos da Sala S. XX. A visita familiar inclúe un xogo de pistas e unha actividade experimental sobre cada temática.

TALLER: "INGÉNIATELAS!"

SÁBADOS E DOMINGOS ÁS 11.15 H. Público infantil e familiar (6-12 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes.

Talleres orientados a desenvolver habilidades propias da enxeñería de maneira divertida e creativa a través de actividades STEAM. Os talleres infantís sobre filtrado de auga (5, 19) e construción bioclimática (12, 26) propoñeranlles ás persoas participantes diversos retos que deberán ser resoltos de maneira colaborativa. En familia, poderán poñer en práctica o "Enxeño romano" (6,13) cos bloques de Lupo para aprender sobre construción, equilibrio, funcionalidade e deseño, ademais de historia e arte; ou desenvolver o seu pensamento computacional (20,27) a través de divertidas experiencias para traballar habilidades cognitivas, sociais, tecnolóxicas ou de programación.

XOGO: DESAFÍOS MUNCYT

SÁBADOS E DOMINGOS ÁS 13.15 E 18.00 H. Sesións dispoñibles segundo o horario de apertura (60 min.). Público familiar (6-12 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes. Nota: acceso ao xogo a través dos dispositivos móbiles das e dos participantes.

Xogos de pistas por equipos para que as/os participantes aprendan sobre historia da ciencia e a tecnoloxía, seguindo diversos fíos temáticos e superando as probas relacionadas coa colección do museo. Coñeceredes máis sobre o enxeñeiro Leonardo Torres Quevedo, un grande inventor, que creou máquinas de cálculo, autómatas, o telekino, precedente do mando a distancia, o transbordador do Niágara, aeronaves...

EXPOSICIÓN: ARTE E CIENCIA: "A INMOLACIÓN DAS CÉLULAS"

Aberta ata novembro.

Exposición de obras elaboradas por estudantes e profesorado de Belas Artes da Universidade de Sevilla coas que investigan, interpretan, experimentan e plasman o suicidio ordenado das células vivas para manter o equilibrio dos organismos. Seguindo avances científicos, busca enriquecer a experiencia do público cun enfoque innovador máis aló das aproximacións artísticas convencionais. As obras fomentan a exploración interdisciplinar e o uso de tecnoloxías en combinación con técnicas tradicionais que requiren da participación do público.

VISITA: PROGRAMA EDUCATIVO PARA GRUPOS

Opcións segundo tipo de grupo, con reserva previa.

O MUNCYT desenvolve unha serie de propostas divulgativas arredor da colección do museo e en relación con diferentes áreas científicas e tecnolóxicas. O museo ofrece ademais a posibilidade de realizar visitas con ILSE en colaboración coa FAXPG e adapta os seus contidos para facilitar a participación de diferentes tipos de grupos en colaboración coas entidades que realizan a reserva. Os grupos poden realizar visitas guiadas, talleres ou xogos de pistas para coñecer a colección do museo. Consulta a oferta completa de actividades na web do museo.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión