Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Antoloxía de Nova Galega de Danza

A compañía Nova Galega de Danza, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, presenta no Teatro Colón grazas ao apoio da Deputación da Coruña, unha antoloxía con tres das súas pezas máis celebradas e recentes: "Leira", "Berro" e "Dique".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/01/2025 ata o 19/01/2025

Horario:

todos os espectáculos serán ás 20.00 h.

Prezo:

de balde con convite (retirada de convites en https://entradas.ataquilla.com)

Páxina web:

www.dacoruna.gal

Contacto:

Teatro Colón

Avenida da Marina, 7A (15001 - A Coruña)

Tel.: 981 184 200 

Correo-e: teatrocolon@coruna.gal

  • venres 17 de xaneiro: "Leira", espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. Espectáculo galardoado co Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza (Iván Villar) en 2021 e finalista como mellor espectáculo de danza.
  • sábado 18 de xaneiro: "Berro", espectáculo que representa o baleiro que supón ser individuos sós e illados nunha sociedade sen memoria e que amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral a través da experiencia colectiva.
  • domingo 19 de xaneiro: "Dique", espectáculo arredor da memoria local, con raíces no Ferrol natal de Nova Galega de Danza, unha peza universal que fusiona o baile tradicional e a linguaxe contemporánea.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión