Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas de carácter xeral para estudantes que cursen estudos postobrigatorios no curso 2025/2026
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas de estudos para estudantes que no curso académico 2025-2026 cursen ensinanzas postobrigatorias, universitarias e non universitarias, con validez en todo o territorio nacional.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 24/03/2025 ata o 14/05/2025
ás 15.00 horas
Requisitos:
Estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e estean cursando algúns dos seguintes ensinos:
Ensinos postobrigatorios e superiores non universitarios:
Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
Ciclos de Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
Ensinanzas artísticas profesionais.
Ensinanzas deportivas.
Estudos relixiosos superiores.
Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de formación profesional.
Ciclos Formativos de Grao Básico.
Ensinos artísticos superiores e ensinos universitarios:
Ensinos artísticos superiores.
Ensinos universitarios conducentes a títulos oficiais de grao e de máster, incluídos os estudos de grao e máster cursados nos centros universitarios da defensa e da garda civil, así como os cursados no Centro Universitario de Formación da Policía Nacional, O.A.
Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao. Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
Non estar en posesión (nin reunir os requisitos legais para a súa obtención) dun título oficial do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa a data 30 de setembro de 2025.
A solicitude deberase cubrir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Remuneración / Custo:
Compoñentes das bolsas e contías:
Contías fixas. Serán as seguintes:
Bolsa de matrícula para alumnado universitario e de ensinos artísticos superiores. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o/a estudante por primeira vez no curso 2025-2026. Aplicarase o limiar 3 de renda familiar.
Contía fixa ligada á renda do/a estudante: 1.700,00 euros tanto para estudantes universitarios/as como non universitarios/as. Aplicarase o limiar 1 de renda familiar.
Contía fixa ligada á residencia do/a estudante durante o curso escolar: 2.700,00 euros tanto para alumnado universitario como non universitario. Aplicarase o limiar 2 de renda familiar.
Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros tanto para estudantes universitarios/as como non universitarios/as. Aplicarase o limiar 3 de renda familiar.
Bolsa básica para alumnado non universitario: 300,00 euros. No caso de bolseiros7as que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros. Aplicarase o limiar 3 de renda familiar. A bolsa básica será incompatible coa contía fixa ligada á renda.
Contías adicionais para bolseiros/as con domicilio familiar na España insular, Ceuta e Melilla e para o estudantado universitario con discapacidade.
Contía variable e distinta para os/as diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do/a estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Teléfono 910 837 937 (de luns a venres, das 9.00 ás 17.30 h)
Unidades de bolsas de estudo da administración educativa ou universidades correspondentes:
Unidade de Bolsas para estudos non universitarios na Coruña: rúa Vicente Ferrer, 2, 9.º. Edificio Administrativo Monelos. Teléf.: 981 184 741. Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal
Unidade de Bolsas para estudos universitarios na Coruña: Sección de Bolsas - Pavillón de Estudantes. Campus de Elviña. Teléf.: 981 167 000. Correo electrónico: bolsas@udc.gal
Publicación:
BOE 05/03/2025 (Real decreto 163/2025, do 4 de marzo, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2025-2026, e se modifica parcialmente o Real decreto 1721/2007, do 21 de decembro, polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible