Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2025-2026. 1º de Bacharelato en Canadá
O Concello da Coruña convoca un mínimo de 25 bolsas para realizar 1º de bacharelato en Canadá, de cara a mellorar as competencias lingüísticas do alumnado matriculado en 4º da ESO durante o curso 2024-2025 nun centro educativo da cidade.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Duración:
A estadía en Canadá comezará en agosto ou setembro de 2025 e finalizará en xuño de 2026.
Requisitos:
Alumnado escolarizado nun centro educativo do termo municipal do Concello da Coruña.
Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE).
Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, de ser o caso, no Concello da Coruña no momento da solicitude.
Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar situado no termo municipal da Coruña, no curso 2024-2025.
Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
Solicitudes (o nome da persoa que debe aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe ser o do/a menor que solicita a bolsa):
1º: Facer a inscrición en liña na web municipal a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado e que debe ser achegado co resto de documentación para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.
2º: Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais.
Remuneración / Dotación:
Dous tipos de bolsas:
Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95 % e un mínimo do 65% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos. As familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.
Estadía en Canadá durante o período correspondente a un ano académico neste país, vivindo cunha familia residente.
Escolarización nun centro educativo de Canadá (High School).
Organización de xornadas informativas para o alumnado participante no programa.
Tramitación e obtención do visado de entrada en Canadá.
Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino en Canadá.
Seguimento e control da vida dos/das menores na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico no centro, así como da súa vida social.
Validación dos estudos realizados polo alumnado en Canadá ante a Administración Educativa.
Asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.
120 € mensuais durante os meses de estadía en Canadá.
400€ para o alumnado valorado con 10 ou 9 puntos no criterio de baremación "Situación económica da unidade familiar nuclear", condicionados ao previo informe de vulnerabilidade social emitido polos servizos sociais municipais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible