Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

4 bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega

Convocatoria de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación concretos que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega, dirixidas ás persoas con titulación universitaria (licenciatura e grao) con perfil investigador.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/07/2024

Duración:

12 meses (data estimada de comezo, 1 de setembro de 2024).

Requisitos:

  • Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
  • Estar en posesión da titulación universitaria requirida para o proxecto ao cal presenten a solicitude:
    • Proxecto de investigación Unidade de Publicacións (1 bolsa): título de licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas, ou titulacións equivalentes.
    • Proxecto de investigación Área de Documentación (2 bolsas): título de licenciatura ou grao en Documentación ou titulacións equivalentes.
    • Proxecto de investigación Unidade de divulgación de contidos e difusión (1 bolsa): título de licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou titulacións equivalentes.
  • Ter rematados os estudos no curso académico 2013/14 ou posterior.
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
  • Non resultar persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.
  • Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos. 

Remuneración / Dotación:

1.200,00 € mensuais. 

Páxina web:

www.consellodacultura.gal

Contacto:

Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro; 15705 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 95 72 02

Enderezo electrónico rexistro@consellodacultura.gal

Dúbidas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica: teléfono de información 012 ou correo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 07/06/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR970B

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión