Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
638 prazas para profesorado visitante en Estados Unidos, Canadá, Alemaña e China
Prazas para profesorado visitante para impartir ensinos en español en programas de ensino bilingüe e de inmersión lingüística, español como lingua estranxeira, e outras áreas ou materias en centros educativos de Estados Unidos, Canadá, Alemaña e China.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 27/11/2024
ás 14:00 horas.
Duración:
Curso 2025/2026.
Requisitos:
Prazas en Estados Unidos, Canadá ou China, ter nacionalidade española. Plazas en Alemaña, ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados da Unión Europea.
Título de diplomatura, grao ou licenciatura, en diversas áreas ou materias (consultar anexo II da convocatoria).
Prazas en Estados Unidos:
Nivel B1 de inglés.
Polo menos dous anos de experiencia docente, a xornada completa, en ensino regrado non universitaria.
Prazas en Canadá:
Nivel B2 de inglés.
Polo menos dous anos de experiencia docente a xornada completa en ensino regrado non universitaria.
Prazas en Alemaña:
Nivel B2 de alemán e nivel C2 de español para solicitantes estranxeiros.
Título de máster que habilita para o exercicio da función docente, Certificado de Aptitude Pedagóxica ou equivalente
Polo menos dous anos de experiencia docente a xornada completa en ensino regrado non universitaria.
Prazas en China:
Nivel B2 de chinés ou inglés.
Título de máster que habilita para o exercicio da función docente, Certificado de Aptitude Pedagóxica ou equivalente.
Polo menos dous anos de experiencia docente a xornada completa en ensinos regrados de linguas, en educación secundaria ou universitaria.
Remuneración / Dotación:
A remuneración variará en función da autoridade educativa contratante, a experiencia docente e a formación académica. As persoas seleccionadas deberán asumir os custos da viaxe e traslado, calquera gasto derivado da obtención do visado, permiso de traballo ou documentación requirida polas autoridades do país receptor, os custos de aloxamento e a manutención.
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 794673
As prazas que se ofrecen neste programa están asignadas a centros educativos de ensino primario e secundario para impartir docencia a tempo completo en:
Programas de ensino bilingüe e de inmersión lingüística, nos que o profesorado deberá impartir as áreas curriculares propias do sistema educativo do país correspondente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible