Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

7 bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia

A Mesa do Parlamento de Galicia convoca sete bolsas individuais para contribuír á formación práctica relacionada coa actividade da institución.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 16/12/2024

Duración:

12 meses.

Requisitos:

  • Nacionalidade española ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de persoas.
  • Para as bolsas de comunicación institucional: Grao en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Comunicación Audiovisual; ou equivalentes.
  • Para as bolsas de publicacións: Grao en Tradución e Interpretación, no que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, Grao en Lingua e Literatura galegas, Grao en Estudos de Galego e Español, con itinerario en lingua galega e española; ou equivalentes.
  • Para a bolsa de recursos humanos e contratación: Grao en Dereito, Grao en Ciencias Políticas e da Administración, Grao en Dirección e Xestión Pública; ou equivalentes.
  • Para a bolsa de xestión parlamentaria: Grao en Dereito, Grao en Ciencias Políticas e da Administración, Grao en Dirección e Xestión Pública; ou equivalentes.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • As persoas con discapacidade intelectual deberán ter recoñecida oficialmente unha discapacidade intelectual cunha afección nun grao igual ou superior ao 33 por cento, acreditar posuír unha titulación universitaria ou titulación de formación profesional. 
  • As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2017-2018 ou en anos posteriores.

Remuneración / Dotación:

1.300 euros mensuais.

Páxina web:

www.parlamentodegalicia.gal

Contacto:

Parlamento de Galicia

Rúa do Hórreo nº 63, 15701 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 55 13 00

correo electrónico servizo.persoal.ri@parlamentodegalicia.es

Publicación:

BOPG 14/11/2024

DOG 15/11/2024

  • Seis bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria. As modalidades de bolsa que se convocan son as seguintes:
    • 2 bolsas en comunicación institucional.
    • 2 bolsas en publicacións.
    • 1 bolsa en recursos humanos e contratación.
    • 1 bolsa en xestión parlamentaria.
  • Unha bolsa adicional destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 por cento, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión