Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bono Cultural Xove 2024

Axuda de 400 euros do programa Bono Cultural Xove, que se aboará en tarxetas prepagamento personalizadas, para a adquisición de produtos, servizos e actividades culturais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 17/06/2024 ata o 16/09/2024

Requisitos:

  • Mozos que cumpran 18 anos en 2024.
  • Nacionalidade española ou residencia legal en España. Igualmente, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que sexan solicitantes de asilo en España, quen solicitase protección temporal e persoas estranxeiras extuteladas en trámite de obtención do permiso de residencia legal en España.
  • As persoas interesadas en obter a axuda do Bono Cultural Xove de 2024 deberán presentar a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos cumprimentando o formulario dispoñible na plataforma web.
  • Se a persoa interesada non cumpriu 18 anos de idade a data de solicitude, utilizará para a súa identificación a Cl@ve PIN con rexistro avanzado, debendo solicitala nalgunha das oficinas públicas dispostas para ese efecto, acompañado neste caso de pai, nai, titor ou curador.

Remuneración / Dotación:

400 euros para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais das seguintes categorías e cos límites máximos que se indican:

  • Máximo de 200 euros para destinalo a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais, que inclúe entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións, festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais e espectáculos taurinos.
  • Máximo de 100 euros para produtos culturais en soporte físico, que inclúe libros, revistas, prensa e publicacións periódicas, videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD e Blu-ray.
  • Máximo de 100 euros para consumo dixital ou en liña, que inclúe subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, e subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.

Páxina web:

https://bonoculturajoven.gob.es/

Contacto:

Ministerio de Cultura

Consultas sobre a solicitude, o estado de tramitación ou o uso da Plataforma ou App móbil: 917 40 67 93 e bcj@fnmt.es

Consultas sobre o uso da tarxeta (activación, bloqueo, perda ou non recepción da tarxeta) ou con métodos de pagamento (compra de produtos ou servizos culturais): 910 97 12 23 e bonoculturaljoven@correosprepago.es

Publicación: BOE 17/06/2024

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.): 768245

A Resolución de concesión do Bono Cultural Xove notificarase no prazo máximo de seis meses contados desde a data de presentación da solicitude. Ditada a resolución de concesión, a entidade colaboradora para a facilitación e xestión dos medios de pagamento emitirá as tarxetas prepagamento que se poderán descargar desde a App correspondente. No caso de que a persoa beneficiaria non dispoña dun teléfono "smartphone" ou non tivese este a tecnoloxía NFC, e así o manifestase na súa solicitude, facilitaráselle unha tarxeta ou tarxetas prepagamento físicas.

A persoa beneficiaria poderá gastar a axuda nas tres categorías de actividades, servizos e produtos subvencionables, nas Entidades Adheridas ao programa, que estarán listadas polo seu nome comercial e localización na base de datos da páxina web do Bono Cultural Xove. As persoas beneficiarias deberán subir á plataforma do Bono Cultural Xove o comprobante electrónico ou a imaxe dixitalizada do xustificante da compra efectuada na que consten, polo menos, os seguintes datos: importe, data e nome da entidade na que se realizou.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión