Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premio Fundación Ibercaja de Pintura Nova 2024

Fundación Ibercaja, no seu obxectivo de promocionar a arte e apoiar o traballo creativo dos novos artistas no inicio das súas carreiras, convoca a XI edición do Premio Fundación Ibercaja de Pintura Nova, de carácter nacional, dirixido a artistas nados ou residentes en España, con idades ata 35 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Ampliado o prazo de recepción de propostas ata 22/08/2024, ás 12:00 h.

Requisitos:

  • Poderán participar todos os artistas plásticos nados ou residentes en España, ata 35 anos cumpridos ao 31 de decembro de 2023.
  • Cada artista poderá presentar unha única obra, datada a partir de 2020, que non fose presentada a ningún outro concurso. Igualmente non poderán presentarse os autores que fosen premiados nas convocatorias anteriores deste premio.
  • O tema para concorrer a esta convocatoria e a técnica empregada serán libres. As medidas da obra presentada (sen incluír marco, listón ou soporte), non serán superiores a 2 metros nin inferiores a 1 metro por calquera dos seus lados.
  • Os artistas interesados en participar solicitarano a través do formulario que atoparán na páxina web www.fundacionibercaja.es/pinturajoven2024. Ademais deberán achegar os datos e documentación que se indica nas bases. De entre as obras presentadas recibidas no formato dixital, o Xurado designado fará unha selección. Ditas obras seleccionadas poderán ser entregadas persoalmente ou mediante axencia de transportes á dirección do apartado de Contacto.
  • As obras seleccionadas compoñerán a Exposición Premio Fundación Ibercaja de Pintura Nova 2024, que se inaugurará en decembro de 2024.

Remuneración / Dotación:

Establécense dous Premios que consistirán na adquisición por Fundación Ibercaja das obras gañadoras por valor de 10.000 euros (IVE incluído) no caso do Primeiro Premio e por 6.000 euros (IVE incluído) no caso do Segundo Premio.

As obras gañadoras e adquiridas serán incluídas na colección de arte de Fundación Bancaria Ibercaja.

Páxina web:

https://www.fundacionibercaja.es/convocatorias/premio-fundacion-ibercaja-de-pintura-nova-2024/

Contacto:

Ibercaja Patio da Infanta

San Ignacio de Loyola, 16

50008 Zaragoza

Tfno.: 976 971 904

Correo-e: premiopintura@fundacionibercaja.es

Documentos:

Basees completas (684 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión