Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Cursos de Natación de Riazor - Verán 2024

O Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Deportes, abre o prazo de inscrición para a oferta de prazas nas actividades acuáticas da Piscina Municipal de Riazor correspondente ao período xullo e setembro de 2024: cursiños de natación de libre participación e cursiños específicos de recuperación funcional e prenatal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

xullo e setembro de 2024

Horario:

quendas de mañá e de tarde

Prezo:

CURSOS DE NATACIÓN DE LIBRE PARTICIPACIÓN

FRANXA DE IDADE
DÍAS 6/17 ANOS 18 A 64 ANOS MÁIS 65 ANOS/IPREM
2 DÍAS/SEMANA - 26,22 € 10,49 €
3 DÍAS/SEMANA - 34,96 € 16,63 €
5 DÍAS/SEMANA 34,96 € 43,70 € 27,73 €
  • Prenatal: 7€ - 1 día/semana (pago mensual)

CURSOS ESPECIFICOS (destinado a alumnado das EDM de Recuperación Funcional durante o curso 2023/24)

RECUPERACIÓN FUNCIONAL
DÍAS 18 A 64 ANOS MÁIS 65 ANOS/IPREM
2 días/semana 10,88 € 6,59 €
3 días/semana 13,88 € 8,24 €

Requisitos:

  • Cumprir co requisito de idade establecido para cada curso
  • Para todos os cursos de perfeccionamento, para recuperación funcional e natación prenatal: ser capaz de nadar 25 metros sen tocar fondo nin utilizar medios auxiliares fixos ou móbiles
  • Para os cursos de +18 moi intenso: ser capaz de nadar 100 metros empregando dous estilos diferentes.
  • Os cursiños de recuperación funcional requeriran autorización previa da Coordinación das Escolas Deportivas Municipais.

Páxina web:

Cursos de natación Verán 2024

Contacto:

Servizo Municipal de Deportes

Tel.: 981 189 800 en horario das 08.00 ás 15.00 h de luns a venres

Período de matrícula cursos de Libre Participación e Recuperación Funcional:

  • Cursos do mes de xullo: 3 de xuño ao 28 de xuño, ou ata cubrir prazas
  • Cursos do mes de setembro: 3 de xuño ao 30 de agosto, ou ata cubrir prazas

Período de matrícula cursos Natación Prenatal:

A traves da seguinte ligazón e cos seus propios prazos: https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/natacion-prenatal

Procedemento de matrícula: 

Atenderase mediante unha cita previa, a cal pode solicitar na seguinte ligazón: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3 e as matrículas realizaranse nas oficinas de rexistro e atención ao público dependentes do Servizo Municipal de Deportes (SMD) situadas no Palacio dos Deportes de Riazor no horario de atencion ao publico de luns a venres das 08.00 ata ás 14.00h, ata o 14 de xuño, e a partir do 17 de xuño dito horario será de 08:00 ata ás 13:30h

Documentación:

  • Documento de Matricula
  • Persoas adultas: fotocopia do DNI
  • Menores: fotocopia do DNI, en caso de non tela será necesaria a fotocopia do Libro de Familia, e DNI do pai, nai ou persoa titora.

Data prevista para o inicio das clases: 

  • Cursos do mes de xullo: 1 de xullo de 2024
  • Cursos do mes de setembro: 2 de setembro de 2024

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión