Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Escola ON de artes escénicas. Cursos Escola ON 2024-2025

A Escola de Artes Escénicas ON (Vos Náufragos) ofrece cursos anuais de teatro en diferentes niveis e grupos de idade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

comezan a última semana de setembro.

Inscricións:

ata cubrir prazas, en liña na web da Escola.

Páxina web:

www.osnaufragosteatro.com

Contacto:

Esola ON de artes escénicas

R/ Xullo Rodríguez Yordi, 15. 15011- A Coruña

tel.: 639 463 730

e-correo: escuelanaufragos@gmail.com

www.instagram.com/osnaufragosteatro

www.facebook.com/naufragosteatro

CURSO DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL

Teatro, diversión, creatividade e educación en valores.

Un curso dirixido a nenos e mozos que queiran aprender teatro. Este curso axuda a promover o crecemento persoal a través do xogo creativo, a fortalecer competencias comunicativas e a mellorar habilidades persoais e sociais.

Martes, de 18:00 a 19:30h.. Prezo: 55€/mes.

CURSO DE INICIACIÓN ao teatro

Para persoas sen experiencia teatral. Libera a túa creatividade. Descobre novas ferramentas de expresión e vive unha experiencia única na escola.

Luns de 20 a 22h. Prezo: 65€/mes.

Teatro para maiores de 55 anos

O teatro non ten idade. Un curso específico para mozos maiores de 55 anos dispostos a seguir aprendendo e a desenvolverse persoalmente.

Mércores dede 11:00 a 13:00h.. Prezo: 65€/mes.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión