Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Plan de formación no ámbito do voluntariado 2024

Un ano máis, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección xeral de Xuventude, oferta un Plan de formación no ámbito da acción voluntaria, coa finalidade de ofrecer formación en liña e presencial en materia de voluntariado no último cuatrimestre deste ano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/09/2024 ata o 22/12/2024

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.

Inscricións:

Dende o 09/09/2024

Requisitos:

O Plan está conformado por 11 cursos en liña e 1 mixto, cun total de 1.330 prazas.

Os cursos oriéntanse á dotación de ferramentas básicas para que, tanto o persoal técnico das entidades de acción voluntaria, como as persoas voluntarias que colaboran ou desexan colaborar con estas entidades, dispoñan dos coñecementos imprescindibles na materia para levar a cabo a súa labor de mellor xeito posible. 

Poderán participar nas accións formativas convocadas, as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria, atendendo ás especificacións que se indican en cada un dos cursos.

As prazas para cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición, atendendo ás especificacións indicadas na ficha de cada curso. Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado.

As persoas que accedan por primeira vez e aínda non teñan conta de persoa usuaria creada na plataforma de teleformación, terán que crear a súa conta nesta antes de solicitar praza.

É importante que, á hora de realizar a inscrición nun curso, se indique se se forma parte dunha entidade de acción voluntaria. En caso de que así sexa debe incluirse o nome correspondente no apartado de observacións.

Páxina web:

https://voluntariadogalego.org/

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Complexo administrativo de San Lázaro, s/n

15781, Santiago de Compostela

Tel: 981 544 807

Email: xuventude@xunta.galinfo@voluntariadogalego.org

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión