Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria. CIXUG, entidade integrada pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, para apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos de grao, de formación profesional superior ou estudos superiores en ensinanzas de réxime especial.
Ata o 09/12/2024
250
de balde.
1. Ter rematado os estudos universitarios de grao/posgrao, de formación profesional de grao superior ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial nunha universidade ou centro de estudos de Galicia (incluídos os estudos realizados nos centros da UNED en Galicia).
Poderán tamén participar aquelas persoas que teñan realizado a formación (universitaria, formación profesional de grao superior ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial) fóra da comunidade autónoma de Galicia sempre que a dita formación non estivese incluída no programa educativo de ningunha universidade pública ou centro de estudios de Galicia na data de inicio da formación.
Tamén poderán participar aquelas persoas que, tendo realizado a súa formación universitaria fóra da comunidade autónoma de Galicia, tiveran feito posteriormente un mestrado nalgunha universidade pública de Galicia.
Igualmente, poderán participar as persoas mozas universitarias, de formación profesional superior ou de estudos superiores en ensinanzas de réxime especial coa condición de emigrantes retornadas.
2. Estar inscritas e ser beneficiarias do SNGX no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciarse as accións do programa.
3. Ter entre 18 anos e 30 anos.
4. Non ter participado e completado con anterioridade as accións desenvolvidas en edicións previas do programa Xuventude Mentoring. Exclúense aquelas persoas que, estando inscritas en edicións anteriores, finalizaran a súa participación no programa sen recibir ou sen completar as accións de mentorización previstas.
QUE OFRECE O PROGRAMA?
O Xuventude Mentoring, como programa integral, está composto por 4 grandes bloques de accións que se desenvolverán, fundamentalmente, entre os meses de novembro de 2024 e febreiro de 2025:
CAL É O CONTIDO DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS?
As actividades formativas do programa Xuventude Mentoring dividiranse en formación obrigatoria e formación voluntaria, cun mínimo de 20 horas cada unha.
Na formación obrigatoria as persoas mozas participantes abordarán os seguintes contidos:
A formación voluntaria contará entre outros, e segundo se desenvolva o propio programa, cos seguintes contidos obxectivo:
COMO INSCRIBIRSE AO PROGRAMA?
A inscrición no programa realizarase exclusivamente de xeito telemático a través do formulario e achega da documentación obrigatoria na seguinte páxina web: https://www.xuventudementoring.gal/inscricion/
Só será válida unha única solicitude por persoa. No caso de que algunha persoa presentara unha nova solicitude entenderase que desiste da anterior é só será válida a última presentada.
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible