Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

13 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Certificado Programa en Intelixencia Artificial- Programa de Bolsas IBM Fundae

    Cando:

    Dende o 16/09/2024 ata o 17/12/2024

    Inscricións:

    Ata o 10/09/2024

    Este programa gratuíto, de 10 semanas de duración, está deseñado para quen desexa comezar unha carreira profesional en intelixencia artificial. O curso proporcionarache as habilidades profesionais necesarias para destacar neste campo, así como experiencia práctica mediante exercicios e un proxecto final.

  • Cursos para persoas desempregadas Adams - Xullo 2024

    Adams impartirá ao longo do mes de xullo cursos de diversos ámbitos formativos, destinados a persoas desempregadas.

  • Programa de Bolsas Google Fundae

    Formación gratuíta para obter os certificados profesionais de Google: IA, Soporte de tecnoloxías de información, Análise de datos, Xestión de proxectos, IT automation with Python, Márketing dixital e comercio electrónico e Ciberseguridade.

  • Propulsa o teu negocio!

    Aje Coruña, en colaboración co Concello da Coruña, presenta o Programa Propulsa!. O Programa Propulsa 2024  é unha proposta destinada a apoiar e fomentar o emprendemento e o tecido empresarial da cidade. Mediante un enfoque integral que inclúe formación, networking e mentoría personalizada, o programa busca proporcionar aos participantes as ferramentas e os apoios necesarios para levar os seus proxectos ao seguinte nivel e aproveitar ao máximo as oportunidades do mercado actual.

  • Microcréditos á formación 2024

    Cando:

    Debes terte formado entre o 1 de xaneiro do 2023 (ao comezo da formación) e o 1 de setembro de 2025. A formación acreditada debe ter finalizado con posterioridade ao 29 de maio de 2024.

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2025

    O Ministerio de Traballo e Economía Social convoca axudas para a formación de persoas traballadoras ocupadas e desempregadas mediante a realización de accións de formación que, de acordo co seu perfil, se destinen a impulsar ou mellorar a súa carreira profesional ou a súa empregabilidade, ou permitan adquirir novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva. Estás accións terán unha dotación de 600 euros para cursos dun importe igual ou superior.

  • DigitalízatePLUS

    Iniciativa da A Fundación Estatal para a Formación no Emprego para darlle resposta ás novas necesidades derivadas do proceso de cambio tecnolóxico, dixital e produtivo. Atoparás cursos de formación e recursos formativos gratuítos.

  • Sons Emerxentes. Aceleradora de Artistas Musicais Fundación Paideia Galiza

    Inscricións:

    Admitiranse solicitudes ata que se acabe o orzamento.

    A Fundación Paideia e a Escola de Organización Industrial (EOI) poñen en marcha este programa de aceleración de cinco meses que permitirá aos/as artistas situarse na industria musical de maneira máis rápida e profesional. Está dirixido a todos os estilos e a proxectos de calquera cidade do territorio español. Charlas en liña, plan individualizado, networking…

  • Formación Expert@s en Transformación Dixital na Peme

    Cando:

    Faranse varias edicións durante os dous anos de duración do programa.

    Inscricións:

    O prazo está aberto permanentemente.

    Formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obterán os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.

  • Introdución á Seguridade da Información

    Cando:

    A formación poderase realizar entre o 20/02/2024 e o 31/08/2024.

    Formación en liña e gratuíta da Fundación Telefónica.

  • Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Análise de Datos con PowerBI

    Cando:

    • Primeira edición: Do 26/4/2024 ao 21/6/2024. Data límite de inscrición: 22/4/2024.
    • Segunda edición: Do 27/9/2024 ao 13/12/2024. Data límite de inscrición: 23/9/2024.

    Con Power BI, poderás realizar análise de datos exhaustivos de forma dinámica, intuitiva e atractiva a través de cadros de mando. A formación é en liña.

resultados 13

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión