Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudante de arquivo - arquiveiro/a do Concello de Fene
Proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de axudante de arquivo - arquiveiro/a polo sistema selectivo de oposición.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 10/12/2024
Requisitos:
Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público, de acordo cos artigos 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia (LEPG) e 56 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP).
Título universitario de Grao en Información e Documentación, Diplomatura ou grao universitario en Biblioteconomía e Documentación ou titulacións equivalentes.
Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Estar en posesión do CELGA 4, ou equivalente, ou superar unha proba específica de coñecemento da lingua galega.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible