O primeiro que tes que facer é darte de alta como persoa demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Para saber que oficina che corresponde preme aquí
Por que?
Onde o fago?
Tes que acudir presencialmente á oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia que che corresponda polo código postal de onde esteas empadroada/o.
Como o fago?
Tes que solicitar cita previa. Podes facelo de dúas formas:
Na parte da web "preguntas frecuentes", explican paso a paso como podes facelo.
MOI IMPORTANTE!: SE ES MENOR DE IDADE NON EMANCIPADO, NECESITAS AUTORIZACIÓN DOS TEUS PAIS. Premendo aquí podes obter o modelo de autorización.
Que teño que levar?
O teu DNI e os títulos dos que dispoñas.
Unha vez que esteas de alta:
Se tes entre 16 e 29 anos, Rexístrate no sistema de Garantía xuvenil. Contámosche de que vai noutro apartado: Garantía xuvenil
Solicita orientación laboral para axudarche na xestión da túa procura de emprego: establecerán o teu perfil profesional, revisarán o teu currículo, ensinaranche como potenciar as túas habilidades profesionais e como aproveitalas nas entrevistas de selección, diranche como crear a túa marca persoal, sinalaranche as túas necesidades formativas etc.
Onde podo solicitar orientación laboral?
Pescuda en Internet: hai blogs e vídeos que poden ser moi útiles.
É esencial diversificar a procura utilizando todas as vías posibles. Non descartes ningunha. As principais son as seguintes:
É imprescindible estar ao día en calquera novidade no teu sector de actividade.
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible