Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Traballar no estranxeiro

Se tomaches a decisión de traballar no estranxeiro, é recomendable que teñas en conta os seguintes consellos:

Información xeral

Comproba os requisitos de entrada e traballo. Aquí deixámosche algunhas webs de referencia:

Sabías que...? Se vas traballar a outro país da UE necesitarás realizar algúns trámites para residir legalmente.

Moi importante! Se estás a cobrar unha prestación ou subsidio por desemprego, debes comunicalo na túa oficina do Servizo Público de Emprego, xa que as condicións da prestación variarán segundo o motivo e a duración do teu traslado. Tes máis información premendo aquí.

O papelame

Que documentación teño que levar?

  • DNI e/ou pasaporte
  • Carné de conducir. O permiso de condución é válido na UE pero pode non selo noutros países, polo que necesitarás realizar algún trámite ou solicitar o permiso de condución internacional.
  • Certificado de nacemento plurilingüe, que che valerá se viaxas a Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Grecia, Italia, Luxemburgo, Holanda, Portugal, Suíza, Turquía, Eslovenia, Croacia, Macedonia, Bosnia, Serbia, Polonia, Montenegro, Moldavia, Lituania, Estonia, Romanía e Bulgaria,) e libro de familia.
  • Fotografías tamaño carné para os primeiros trámites.
  • Homologación ou recoñecemento do seu título ou certificado de profesionalidade, do que che falamos noutra sección.

Para que os meus documentos teña validez noutros países, que teño que facer?

Calquera documento público español require ser legalizado para ser válido no estranxeiro. Dependendo do país de destino e do tipo de documento, o trámite para realizar pode variar. Deixámosche estas ligazóns con información xeral:

Os meus títulos

Validez de títulos e certificados de formación: rede ENIC - NARIC

Un dos primeiros trámites que debes realizar antes de ir traballar ao estranxeiro é comprobar a validez do teu título formativo no país de destino e a súa necesidade de acreditación para poder exercer unha profesión.

Para facilitarche esta tarefa creouse a Rede ENIC - NARIC da que forman parte a UE, o EEE e Suíza (NARIC) e os países membros do Consello de Europa e a UNESCO (ENIC). A súa principal función é proporcionar información (non levan a xestión) sobre os diferentes procesos de recoñecemento académico (homologación), convalidación parcial de estudos e recoñecemento profesional.

A información proporciónase a través da súa web www.enic-naric.net e da rede de correspondentes en cada país, que estará vinculada directa ou indirectamente aos correspondentes Ministerios de Educación.

Máis info: NARIC España

Suplemento Europass ao Título

É un documento informativo que podes achegar ao título universitario, de FP ou certificado de profesionalidade e que está destinado a facilitar a comprensión a empleadores e/ou institucións doutro país das competencias que adquiriches. O Suplemento contén información sobre: aptitudes e competencias adquiridas, para que traballos capacítache, que organismo expediu o título, as distintas maneiras de obter o título ou o certificado, o nivel do título ou certificado e os requisitos de admisión e as posibilidades de acceso ao seguinte nivel de formación. Trátase dun complemento á información incluída no certificado oficial, que facilita a súa comprensión a terceiros, en particular, a emprgadores ou institucións doutro país, pero en ningún caso é un substituto do título ou certificado oficial ou un mecanismo que garanta automaticamente o recoñecemento formal do título ou certificado orixinal por parte das autoridades académicas.

Como o obteño?

Máis info: http://sepie.es/iniciativas/europass/suplemento.html

Documento de Mobilidade Europass

A través deste documento Europass pódense rexistrar experiencias de aprendizaxe que tivesen lugar noutros países europeos, como pasantías, intercambio de estudantes, realización de prácticas ou traballo voluntario, entre outros. A experiencia de aprendizaxe é supervisada por dúas organizacións asociadas, a primeira no país de orixe e a segunda no país de acollida.

Máis info: http://sepie.es/iniciativas/europass/documento-mobilidade.html#individuos

Asistencia sanitaria

  • Na UE: Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) que acredita o dereito para recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, desde un punto de vista médico, durante a túa estadía temporal por motivos de traballo, estudos, turismo, no territorio da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo e en Suíza.
    • Para solicitar a túa tarxeta Sanitaria Europea prema aquí.
  • Se o país non pertence a Europa, tes que consultar se será necesario contratar un seguro privado.

Administración electrónica

Poida que unha vez no teu país de destino necesites realizar algún trámite nalgunha administración española. Para iso resultarache moi útil dispoñer dalgún tipo de certificado electrónico que cho permita facer en liña. Nestas webs tes toda a información:

Unha vez alí

Unha vez que chegases ao país de destino, débeste inscribir no Rexistro de Matrícula Consular no Consulado ou na Embaixada española do país.

Apoio no estranxeiro: Servizos consulares e de embaixadas de España no exterior.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión