Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Erasmus+ é o programa da UE nos ámbitos da educación, a formación, a mocidade e o deporte para o período 2021-2027.

No ámbito da educación, ofrece oportunidades para que os estudantes emprendan unha experiencia de aprendizaxe ou profesional noutro país.

Educación Superior

¿En que consiste?

Os estudantes poden desenvolver as actividades que se describen a continuación:

  • Un período de estudo no estranxeiro nunha institución de educación superior asociada. O período de estudo no estranxeiro debe formar parte do programa de estudos que segue o estudante para completar unha titulación de calquera ciclo. O período de estudo no estranxeiro tamén pode incluír un período de formación práctica.
  • Un período de formación práctica no estranxeiro nunha empresa, instituto de investigación, laboratorio, organización ou calquera outro lugar de traballo pertinente. Os períodos de formación práctica no estranxeiro poden recibir apoio durante os estudos de calquera ciclo e no caso dos titulados recentes.
  • Unha mobilidade combinada. Todos os períodos de estudo ou de formación práctica no estranxeiro de calquera duración, incluída a mobilidade de doutoramento, poden levar a cabo en forma de mobilidade combinada: combinación de mobilidade física cun compoñente virtual que facilita o intercambio educativo colaborativo en liña e o traballo en equipo.
  • Un programa intensivo combinado: programas breves e intensivos nos que se realizará unha mobilidade física de curta duración combinándoa cun compoñente virtual obrigatorio.

¿Que duración ten?

  • Mobilidade de estudantes para estudos: de 2 meses (ou un trimestre ou outro período en que se divide un curso académico) a 12 meses. Pode incluír un período de formación práctica complementario, se está programado.
  • Mobilidade de estudantes para períodos de formación práctica: de 2 a 12 meses.
  • Mobilidade de curta duración e programas intensivos combinados. Nestes casos, a mobilidade física debe ter unha duración de entre 5 e 30 días e combinarse cun compoñente virtual
  • Duración total admisible por ciclo de estudo: oun mesmo estudante pode participar en períodos de mobilidade que somen un total de ata 12 meses de mobilidade física por cada ciclo de estudo independentemente do número e o tipo de actividades de mobilidade.A duración do período de formación práctica dun estudante que acabe de graduarse descóntase do máximo de 12 meses do ciclo durante o cal solicita o período de formación práctica.

¿Como solicito unha mobilidade Erasmus+?

A participación no programa realízase a través da institución de educación superior onde esteas a realizar os teus estudos, que previamente tivo que solicitar o seu partición en Erasmus+. Anualmente publicarán unha convocatoria para que poidas presentar a túa solicitude.

No caso de querer solicitar unhas prácticas, deberás facelo dentro do último ano dos teus estudos, non unha vez que os finalizaras.

¿Que axudas teño?

Podes recibir unha bolsa Erasmus+ da UE para contribuír aos gastos de viaxe e estancia durante o período de estudos no estranxeiro. Esta axuda pode ser complementada por outros organismos.

Formación Profesional

¿En que consiste?

Actividades nas que se pode participar:

  • Concursos de capacidades profesionais: de 1 a 10 días
  • Mobilidade educativa de curta duración: Os estudantes de EFP poden pasar un período de aprendizaxe no estranxeiro nun centro de asociado, nunha empresa ou noutra organización activa no ámbito da Formación Profesional ou o mercado de traballo. A súa duración será de 10 a 89 días. No caso dos participantes con menos oportunidades, a mobilidade pode organizarse cunha duración mínima de 2 días.
  • Mobilidade educativa de longa duración de estudantes de EFP (ErasmusPro): Os estudantes de EFP poden pasar un período máis extenso de aprendizaxe no estranxeiro de 90 a 365 días.

¿Quen pode participar?

  • Estudantes de formación profesional cuxa institución participe no programa.
  • Os titulados recentes poderán facelo ata 12 meses despois de titularse.

¿Como solicito unha mobilidade Erasmus+?

A participación no programa realízase a través da institución onde esteas a realizar os teus estudos.

+ Info:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión