Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Vivendas de promoción pública

Son vivendas protexidas, promovidas sen ánimo de lucro polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Son as vivendas protexidas máis baratas, por iso adoitan estar reservadas para unidades familiares de rendas máis baixas. O prezo da compra ou do alugueiro variará en función dos ingresos da unidade familiar: as rendas máis baixas pagarán menos polas vivendas.

Como se adxudican estas vivendas?

O procedemento común de adxudicación será o do sorteo realizado ante notario entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda. No seu caso, haberá unha quenda específica para persoas con mobilidade reducida.

Que tipos de vivendas de promoción pública hai?

  • Vivendas de protección oficial de promoción pública

Están destinadas a unidades familiares ou convivenciais cuxos ingresos están entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM.

  • Vivendas cualificadas en núcleos rurais e en barrios históricos

Son as vivendas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo co fin de conseguir o acondicionamento do contorno e a rehabilitación de vivendas situadas en núcleos rurais en estado de abandono ou semiabandono ou en barrios históricos de poboacións. As persoas solicitantes destas vivendas terán que dispoñer duns ingresos ponderado, por unidade familiar, que estean entre 1 e 5,5 veces o IPREM, ademais de cumprir os requisitos xerais.

Volver a menú

Vivendas de promoción privada: vivendas de protección autonómica

Que son as VPA?

Son vivendas promovidas por un promotor privado, máis baratas que a vivenda libre, xa que a lei pon un límite ao seu prezo de venda. Este límite calcúlase fixando un prezo máximo por metro cadrado útil de vivenda, garaxe e traseiro, prezo que varía en función do tipo de VPA e do municipio no que se compre (para respectar as diferenzas de prezo que hai entre unhas localidades e outras). Estas vivendas adxudicaranse entre as persoas que estean inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

Que requisitos se deben cumprir para poder acceder á súa compra?

  • Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou goce sobre algunha vivenda suxeita a protección pública en España.
  • Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas non imputables á persoa interesada ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre ela determinado segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais non exceda do 40% do prezo da vivenda que se pretende adquirir. Este límite pode chegar ao 60% nalgúns supostos.
  • Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
  • Ter uns ingresos mínimos (0,7 IPREM) e non superar uns ingresos máximos que dependerán do tipo de VPA.

Que tipos de VPA hai?

Hai tres tipos de VPA que se diferencian no prezo e nos ingresos que se piden para poder acceder á súa compra.

  • VIVENDA DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA DE RÉXIME ESPECIAL

Ingresos: non superiores a 2,5 veces o IPREM

  • VIVENDA DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA DE PREZO XERAL

Ingresos: non superiores a 4,5 veces o IPREM

  • VIVENDA DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA DE PREZO CONCERTADO

Ingresos: non superiores a 6,5 veces o IPREM

+INFO

Volver a menú

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión