A Secretaría Xeral da Igualdade convoca para o ano 2024 axudas económicas de carácter periódico a mulleres que sofren violencia de xénero, para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación para os casos das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual.
Para público en xeral
Ata o 31/12/2024
A contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co IPREM vixente, e en atención ao número de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como o grao de discapacidade da solicitante e/ou dos menores a cargo, nun abano que vai desde 200 €/mes ata 800 €/mes e ata un máximo de 12 mensualidades.
Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade. Secretaría Xeral da Igualdade
San Lázaro, s/n (15781 - Santiago de Compostela)
Tel.: 881 999 164
correo-e: vx.igualdade@xunta.es
Publicación: DOG 02/01/2024
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SI434A
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible