Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XVIII Concurso de Fotografía do Camiño de Santiago (ano 2024)

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de León "Pulchra Leonina" convoca anualmente un Concurso de Fotografía do Camiño de Santiago co fin de fomentar o espírito xacobeo, xa que ademais de animar á participación con diversos premios, as fotografías seleccionadas expóñense en diversos lugares ao longo do ano, publícanse na súa revista e pódense usar como felicitación do Nadal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/07/2024 ata o 07/09/2024

Requisitos:

  • Poderá participar calquera persoa excepto os membros da xunta directiva da asociación convocante.
  • O tema monográfico desta edición será O Camiño de Santiago. Só se admitirán fotografías que conteñan algún elemento que as identifique como realizadas en calquera Camiño de Santiago.
  • Cada concursante presentará un máximo de 3 fotografías en branco e negro ou cor.
  • As fotografías presentaranse en CD ou DVD e nomearanse da seguinte maneira: Pseudónimo_Título_Lugar. O CD ou DVD rotularase no exterior só co pseudónimo da persoa autora. As e os concursantes que participasen noutras edicións teñen que facelo cun pseudónimo diferente ao que elixisen anteriormente.
  • O CD ou DVD enviaráselle á asociación por correo certificado en sobre pechado, no que como remite del, figurará exclusivamente o pseudónimo da persoa autora, tal e como se indica nas bases.
  • As fotografías serán orixinais e non serían presentadas a outros concursos. Deberán ter a calidade suficiente para o seu revelado e non se admitirán fotomontaxes, composicións, filtros ou engadir ou eliminar elementos da imaxe.
  • De todas as obras presentadas ao concurso, o xurado seleccionará un máximo de 40 e delas obteranse as cinco obras premiadas.

Remuneración / Dotación:

  • 1.º premio de 300 €
  • 2.º premio de 250 €
  • 3.º premio de 200 €
  • Dous accésit de 100 € cada un

Páxina web:

https://caminosantiagoleon.es/concurso-de-fotografia/

Contacto:

Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de León "Pulchra Leonina"

Avenida Independencia, 2-5.º esq.

24001 León

Tel.: 987 260 530

Correo electrónico: caminosantiagoleon@gmail.com

Web: https://caminosantiagoleon.es/

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión