Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • 2 prazas de Administrativo para o Concello de Betanzos

    Inscricións:

    Ata o 19/07/2024

    O Concello de Betanzos convoca proceso selectivo, polo sistema de oposición libre, para a cobertura en propiedade de dúas prazas de persoal funcionario pertencentes ao subgrupo C1,escala de Administración xeral, subescala Administrativa.

  • Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia

    Inscricións:

    Ata o 18/07/2024

    Bolsas de matrícula ordinaria e aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa, para o alumnado que curse as titulacións que impartirá no curso 2024/25 o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

  • XXVIII Feira das Marabillas

    Cando:

    Dende o 24/07/2024 ata o 28/07/2024

    O Concello da Coruña organiza xunto coa Asociación Comercial e Empresarial 'Ciudad Antigua' da Coruña (ACECA) a XXVIII edición da Feira das Marabillas, acontecemento que xa forma parte da programación estival de ocio da cidade, con diferentes actividades para todos os públicos e idades.

  • Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

    Cando:

    18/07/2024

    A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.

  • VII Certame de pintura ao aire libre Fernando Álvarez de Sotomayor

    Cando:

    28/07/2024

    O Concello de Ponteceso presenta unha nova edición do Certame Internacional de Pintura ao Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor, concurso de pintura rápida.

  • I Concurso de fotografía e artes plásticas

    Inscricións:

    Ata o 31/10/2024

    O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia convoca a primeira edición do Concurso de Fotografía e Artes Plásticas.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión