Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Admisión á Escola Oficial de Idiomas, curso 2024-2025

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica as instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/2025. Na Escola Oficial de Idiomas da Coruña ofértanse un total de 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español para persoas estranxeiras, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 24/06/2024 ata o 05/07/2024

 para alumnado de novo acceso.

Prezo:

Requisitos:

  • Ter 16 anos cumpridos no ano natural de comezo dos estudos ou 14 se o idioma estranxeiro non é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira.
  • Ter DNI ou NIE (non é válido o pasaporte)
  • O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país no que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española
  • Poderán acceder a un curso superior a 1º de nivel básico:  
    • a) as persoas que dispoñan de certificados dos niveis básico A1 e  A2, intermedio B1 e B2 e avanzado C1 darán acceso, respectivamente, ás ensinanzas dos niveis básico A2, intermedio B1 e B2 e avanzado C1 e C2
    • b) as persoas procedentes das probas de clasificación
    • c) as persoas que solicitan acceso directo por titulación ou certificado acreditativo:
    • - consultar as vías de acceso para todos os idiomas (agás galego e español) no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016
    • - consultar as vías de acceso para galego e español para estranxeiros no Anexo I da Resolución do 16 de maio de 2024
    • d) o alumnado con título de Bacharelato pode acceder ao 1º curso do nivel B1 da lingua cursada como primeira lingua extranxeira

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna

Contacto:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Rúa Educación, 1 (15011 - A Coruña) 

Tel. Secretaría: 608 157 057 (de 9.00 a 14:00 h) e 981 279 009

correo-e: eoi.corunha@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 30/05/2024

CALENDARIO:

  • Preinscrición alumnado novo: do 24 de xuño ao 5 de xullo de 2024 na aplicación  www.eoidigital.com/preinsxunta (poderase facer unha única preinscripción con 3 preferencias priorizadas de centro e horario nun máximo de 2 idiomas)
  • Adxudicación de prazas: 9 de xullo
  • Matrícula: Do 9 ao 19 de xullo ás 12.00 h
  • Prazas vacantes: no caso de quedar vacantes, poderán ser ofertadas ata o 20 de setembro sempre que non existan listaxes de espera

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión