Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A compañía Nova Galega de Danza, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, presenta no Teatro Colón grazas ao apoio da Deputación da Coruña, unha antoloxía con tres das súas pezas máis celebradas e recentes: "Leira", "Berro" e "Dique".
venres 17 de xaneiro: "Leira", espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. Espectáculo galardoado co Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza (Iván Villar) en 2021 e finalista como mellor espectáculo de danza.
sábado 18 de xaneiro: "Berro", espectáculo que representa o baleiro que supón ser individuos sós e illados nunha sociedade sen memoria e que amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral a través da experiencia colectiva.
domingo 19 de xaneiro: "Dique", espectáculo arredor da memoria local, con raíces no Ferrol natal de Nova Galega de Danza, unha peza universal que fusiona o baile tradicional e a linguaxe contemporánea.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible