Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de novembro de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/11/2024 ata o 30/11/2024

Horario:

  • Martes a sábados: de 11.00 a 19.00 h
  • Domingos e festivos: de 11.00 a 15.00 h

Prezo:

gratis.

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña

tel.: 689 578 727

e-correo: reservascor@muncyt.es | infomueso@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

twitter.com/muncyt

Documentos:

Axenda novembro MUNCYT (pdf) (1 MB)

SEMANA DA CIENCIA

Celebrado cada 10 de novembro, o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento destaca o importante papel da ciencia na sociedade, e a necesidade de que se involucre nos debates. Ao redor desa data, celébrase a Semana da Ciencia na que multitude de organizacións levan a cabo actividades de comunicación da ciencia, ao que se suma tamén o museo con actividades para todos os públicos.

  • INVESTIGACIÓN DO CITIC PARA CENTROS EDUCATIVOS. Xoves 14, de 10.20-13.20 h. Alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP, con reserva previa. Charlas breves nas que se van explorar as interaccións entre a ciencia, a tecnoloxía, a informática, a lingüística e as matemáticas, e como impactan na sociedade. "A informática e o recoñecemento do xenoma dun individuo", por José Ramón Paramá Gabía; "Ciencia e tecnoloxía para interfaces cerebro-ordenador", por Adriana Dapena Janeiro; "Relacións entre a lingüística e a intelixencia artificial", por Margarita María Alonso Ramos; "Viaxe polos sistemas de posicionamento", por Carlos J. Escudeiro.
  • XORNADAS SOBRE PATRIMONIO. Venres 15 e sábado 16, consultar programa. Público xeral. O museo acollerá estas xornadas de carácter práctico e pedagóxico organizadas pola Deputación da Coruña baixo o título "Memoria Consciente: miradas cruzadas sobre os desafíos do feminismo no patrimonio" nas que se abordarán dous bloques: museoloxía e arqueoloxía, por unha banda, e arquitectura e urbanismo, por outro. Contarán coa participación de diversas expertas como Elisa Garrido, Andrea Mouriño, Cristina Ezcurra, Cristina Ouzande, María Novás, Cristina Bajo e actividades prácticas a cargo da actriz Soledad Felloza e Rexenerando Sociedade Cooperativa Galega.
  • CHARLA CICLO CORBI: ENFERMIDADES RARAS. Mércores 20 ás 19.00 h. Público xeral. Entrada libre ata completar capacidade. Charla do ciclo CORBI Citizen Science, impartida por Diana Valverde, investigadora principal do Laboratorio de Enfermidades Raras do CINBIO, do que é subdirectora. Exporá que son as enfermidades raras, aquelas que afectan a un número reducido de persoas en comparación coa poboación xeral, e os avances do laboratorio que dirixe e no que se traballa na caracterización molecular e funcional de mutacións neste tipo de enfermidades.
  • XOGO XINCANA INSTRUMUNCYT. Do sábado 9 ao domingo 17. Público xeral e familiar, solicitar en despacho de billetes. Xogo de pistas autónomo para que os participantes aprendan sobre historia da ciencia e a tecnoloxía percorrendo as distintas salas do museo, localizando información relacionada cos laboratorios científicos, e importantes aplicacións en medicina, aeronáutica etc. Tras finalizar o xogo, entregarase un obsequio na recepción do museo.

TALLER: AVIÓNS DE PAPEL

SÁBADO 9 ás 12.00 H. Público familiar (a partir de 8 anos). Reserva previa ou en despacho de billetes.

A Noite Europea dos Investigadores é un evento público a escala europea que mostra a diversidade da ciencia e o seu impacto na vida cotiá dos cidadáns de forma divertida e inspiradora. Promovido pola Comisión Europea desde o ano 2005 o último venres do mes de setembro, este ano o evento terá lugar en 25 países. O MUNCYT colabora desde a súa primeira edición en Galicia con entidades dedicadas á investigación e á divulgación da ciencia. As actividades terán lugar o último venres do mes.

FINS DE SEMANA

Sábados e domingos. Público infantil e familiar (6-12 anos). Reserva previa ou en despacho de billetes.

  • TALLERES INFANTÍS E FAMILIARES. Ás 11.15 h. Os sábados, talleres infantís nos que experimentar como verdadeiros científicos e aprender máis sobre unha alimentación saudable. E os domingos, abrimos a nosa sala de xogos para resolver en familia xogos de escape ou desenvolver o seu pensamento computacional a través de divertidas experiencias.
  • DESAFÍOS MUNCYT. Ás 13.15 ou 18.00 h., segundo horario de apertura. Xogos de pistas por equipos para que os participantes coñezan as historias que se agochan detrás de cada peza, seguindo diversos fíos temáticos e superando as probas relacionadas coa colección do museo. Nota: acceso ao xogo a través dos dispositivos móbiles das e dos participantes.
  • CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES. Ás 12.30 ou 17.00 h, segundo horario de apertura. Visitas ás pezas de gran tamaño da sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os 100 obxectos da sala s. XX. Na visita familiar, tras o percorrido, un xogo de pistas e unha actividade experimental.

EXPOSICIÓN: ARTE E CIENCIA: "A INMOLACIÓN DAS CÉLULAS"

Aberta ata o 7 de novembro.

Exposición de obras elaboradas por estudantes e profesorado de Belas Artes da Universidade de Sevilla coas que investigan, interpretan, experimentan e plasman o suicidio ordenado das células vivas para manter o equilibrio dos organismos. Seguindo avances científicos, busca enriquecer a experiencia do público cun enfoque innovador máis aló das aproximacións artísticas convencionais. As obras fomentan a exploración interdisciplinar e o uso de tecnoloxías en combinación con técnicas tradicionais que requiren da participación do público.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión