Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campamentos deportivos no Nadal

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, convoca Campamentos Deportivos de Nadal 2024-2025 con actividades deportivas destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12. Ofértanse un total de 144 prazas, organizadas en  dúas quendas de 72 prazas cada unha.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/12/2024 ata o 03/01/2025

Inscricións:

Ata o 24/11/2024

Horario:

  • Horario xeral das actividades: 9:00-14:00 h.
  • Horario ampliado de conciliación:
    • Entrada desde as 8:00 ata 9:00 h.
    • Saída a elixir entre 14:00 h. e 14:30 h.

Prezo:

35,04 € por quenda. A opción de horario ampliado non supón un custo engadido.

Poderán obter unha redución do 50%  aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.

Requisitos:

  • Poboación infantil e xuvenil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos (coa idade cumprida a 31 de decembro de 2024).
  • Poderanse solicitar un máximo de 2 opcións, por orde de preferencia. Cada menor só poderá constar nunha única solicitude (individual ou familiar).
  • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Páxina web:

www.coruna.gal/deportes

Contacto:

Servizo Municipal de Deportes

Tel.: 981 18 98 00 - Tel. de información cidadá: 010

correo-e: deportes@coruna.gal

LUGAR: a sede principal será a Cidade Deportiva de Riazor. Poderanse realizar excursións e actividades en puntos de interese da cidade.

DATAS:

  • Quenda 1: 23, 24, 26 e 27 de decembro de 2024
  • Quenda 2: 30, 31 de decembro e 2, 3 de xaneiro de 2025

CALENDARIO:

  • PREINSCRICIÓN: do 20 ao 24 de novembro ata ás 23.59 h., a través do formulario dispoñible en www.coruna.gal/deportes
    • a) solicitude individual
    • b) solicitude familiar (permite a preinscrición de ata 3 menores , nun mesmo formulario)
  • Publicación da listaxe provisional de solicitantes: 26 de novembro
  • Corrección de erros: desde a publicación da listaxe provisional ata o 28 de novembro, por correo-e a programasdeportivos@coruna.gal
  • Publicación da listaxe definitiva: 29 de novembro 
  • Sorteo: 2 de decembro ás 9.00 h.
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 3 de decembro
  • Matrícula: do 5 ao 12 de decembro. telematicamente ou presencialmente no Palacio de Deportes de Riazor de 08.15 a 14.00 h.
  • Xestión da lista de espera: a partir do 16 de decembro 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión