A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través dos Espazos de Información Xuvenil, mantén unha canle aberta a través destas aplicacións de mensaxería instantánea para que poidas resolver as túas dúbidas.
Para público en xeral
Podes consultar calquera dúbida chamándonos ao 981 184 294, ou enviándonos un correo a cmix@coruna.gal
Cal é o número de contacto?
Agrega á túa axenda de contactos o número 606 362 366
Este teléfono estará operativo en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 h. Poderás enviar a túa mensaxe fóra dese horario pero lembra que non che poderemos responder ata que volvamos estar conectados/as.
A través deste número de teléfono poderás realizar as túas consultas por estas apps, pero se desexas poñerte en contacto teléfonico con nós, chama ao noso teléfono, que é o 981 184 294.
Que tipo de consultas podemos resolver?
Informamos á mocidade sobre calquera temática de interese xuvenil (estudos e formación, bolsas e axudas, emprego, lecer e tempo libre, mobilidade etc.). A través do Whatsapp e do Telegram intentaremos darche a información que precisas, pero se a dúbida é complexa para respondela por estas canles, ofrecerémosche a posibilidade de resolvela por correo electrónico ou presencialmente.
Privacidade
As consultas serán privadas e non requerirán identificación previa, e entederase que as personas usuarias deste servizo aceptan as condicións legais destas aplicacións.
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 07/03/2025 ás 08:30 , 14/03/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible