Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Explora Europa con DiscoverEU

DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece, a través dun bono de viaxe, a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu rico patrimonio cultural e a súa historia, percorrer as súas vibrantes cidades, descubrir a súa majestuosa natureza, e conectar con persoas de todo o continente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 02/04/2025 ata o 16/04/2025

ás 12:00 horas.

Duración:

A viaxe tendra unha duración máxima dun mes, entre o 1 de xullo de 2025 e o 30 de setembro de 2026.

Requisitos:

  • Ter 18 anos cumpridos entre o 1 de xullo de 2024 e o 30 de xuño de 2025 (é dicir, nacer entre o 1 de xullo de 2006 e o 30 de xuño de 2007, ambos inclusive).
  • Residentes dos Estados membros da UE e de terceiros países asociados ao programa Erasmus+. Persoas residentes dos países e territorios de ultramar da UE tamén poden apuntarse, sempre que posúan a nacionalidade dun dos 27 Estados membros da UE.
  • Encher o formulario de candidatura a través do Portal Europeo da Mocidade, cun número de documento de identidade, de pasaporte, ou de cartón de residencia legal válido.

Remuneración / Dotación:

A Comisión Europea e a EACEA concederán aos e os novos bonos de viaxe, que como norma xeral, serán de tren.

Ademais, as persoas seleccionadas recibirán un Carné Novo Europeo de DiscoverEU co que obter moitos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.

Páxina web:

https://youth.europa.eu/discovereu_é

Contacto:

Axencia Nacional Española para a Mocidade (INJUVE)

Rúa José Ortega e Gasset 71, 28006 Madrid

Tel. 91 782 78 23

Email: erasmusplus@injuve.es

Formulario de contacto Eurodesk

Na primavera de 2025, a Comisión Europea e a Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA) seleccionarán polo menos a 35.000 mozos aos que concederán bonos de viaxe.

DiscoverEU ofrece ás e os mozos de dezaoito anos a posibilidade de vivir unha experiencia única e explorar Europa, principalmente en tren, á vez que promove o seu sentido de pertenza á Unión Europea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión