Os Mozos Voluntarios das Nacións Unidas son unha categoría dos Voluntarios das Nacións Unidas, creada para fomentar unha maior participación no voluntariado da xeración máis numerosa da historia, formada por persoas menores de 30 anos.
Para público en xeral
¿Que fan os Mozos Voluntarios das Nacións Unidas?
Axudarás a promover a paz e o desenvolvemento sustentable, xa sexa no teu propio país ou noutro país do mundo. Axudará ás persoas para levar vidas e comunidades máis saudables e seguras para poder abordar mellor os desafíos presentes e futuros.
Os postos son moi variados; pode traballar en dereitos humanos, adaptación ao cambio climático, atención primaria de saúde, xestión de desastres, consolidación da paz, participación xuvenil ou moitas outras áreas. Pode traballar directamente nunha axencia das Nacións Unidas ou ser asignado a unha das súas organizacións asociadas, unha universidade ou goberno.
¿Que tipo de voluntariados hai?
¿Canto dura a tarefa?
Dado que é un servizo patrocinado por axencias das Nacións Unidas, os seus socios, gobernos ou institucións académicas, a duración da asignación depende das necesidades da entidade solicitante. A maioría das asignacións duran entre seis e 24 meses. Nas asignacións de curto "prazo", sou duración é inferior a seis meses.
No caso de patrocinio dunha institución académica, denomínanse Mozos Voluntarios Universitarios das Nacións Unidas. Realizan asignacións de menor duración, xeralmente entre tres e seis meses.
Os Mozos Voluntarios das Nacións Unidas reciben un subsidio de subsistencia básico que lles permite vivir na área asignada. Se se traballa nun voluntariado fóra da súa área de orixe, a pasaxe aérea de regreso ou o transporte terrestre (segundo corresponda) e algúns outros custos básicos págaos a axencia anfitrioa. As persoas voluntarias en liña non reciben ningunha compensación económica.
¿Como me inscribo?
Non existe un rexistro xeral para as asignacións de Mozos Voluntarios das Nacións Unidas. Só pode postularse a través de anuncios para asignacións individuais.
Se ten 25 anos ou máis e varios anos de experiencia laboral nunha área específica de especialización, poderás rexistrarche no Fondo Mundial de Talentos do programa VNU .
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible