Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Simposio Luísa Villalta

A Real Academia Galega organiza na Fundación Barrié do 19 ao 21 de novembro o Simposio Luísa Villalta. A programación, dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2024, incluirá relatorios e mesas redondas, ademais da actuación musical de Uxía e o espectáculo "Indóciles".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/11/2024 ata o 21/11/2024

Horario:

de 17.00 a 20.30 h.

Prezo:

entrada libre ata completar capacidade

Páxina web:

https://academia.gal

Contacto:

Real Academia Galega

Rúa Tabernas, 11 (15001 - A Coruña

Teléfono: 981 20 73 / 604 06 44 75

correo-e: comunicacion@academia.gal

LUGARFundación Barrié (Rúa Cantón Grande, 9. 15003 - A Coruña)

PROGRAMA

  • martes 19: 
    • Relatorio da poeta Eva Veiga, coeditora da antoloxía poética "Luísa Villalta. Así vou eu, formando parte"
    • Relatorio do músico Paulino Pereira, quen afondará no recurso da música na autora.
    • Mesa redonda moderada pola escritora Marga do Val con María Xesús Nogueira (crítica literaria e profesora da USC), Luciano Rodríguez (profesor honorario da UDC), e Rexina R. Vega (escritora e profesora da UVigo)
    • Relatorio da fotógrafa Maribel Longueira arredor de "Papagaio"
  • mércores 20:
    • Relatorios da filóloga e ensaísta Inmaculada Otero Varela sobre a narrativa de Luísa Villalta e do escritor e crítico literario Henrique Rabuñal, na súa obra dramática.
    • Mesa redonda moderada por Mercedes Queixas, coas poetas Chus Pato, Estíbaliz Espinosa e Tamara Andrés.
    • Actuación musical de Uxía.
  • xoves 21:
    • Relatorios da poeta Xosé M.ª Álvarez Cáccamo e a profesora da UDC Pilar García Negro sobre a lírica e o ensaio de Villalta
    • Mesa redonda moderada por Cesáreo Sánchez Iglesias con Teresa Seara, Xurxo Souto e Miguel Anxo Fernán Vello
    • Espectáculo "Indóciles", proposta multidisciplinaria de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión