A miúdo escoitamos termos como a responsabilidade emocional, a comunicación asertiva ou o bo trato. Sabemos realmente comunicarnos tendo en conta os nosos sentimentos e coidando das demais persoas? Esta actividade participativa afonda nas estratexias da Comunicación Non Violenta (CNV).
Para público en xeral
28/11/2024
Dende o 13/11/2024 ata o 26/11/2024
De 18:30 a 20:00 h.
Gratuito.
Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Tel.: 981 189 895
Whatsapp/Telegram: 606 362 366
Enderezo electrónico: cmix@coruna.gal
Dende a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña organizamos no Espazo Xuvenil das Naves do Metrosidero os " Xoves de achegas na Nave 03 Pílulas formativas". Unha actividade de aprendizaxe colaborativa sobre temas de interese, mediante dinámicas de experimentación en pequenos grupos.
Modera a actividade "Falarnos bonito": Cooperativa de Educación e Lecer Aventeira.
Actividade enmarcada nun proxecto subvencionado cun importe de 29.989,05€ pola Deputación da Coruña, a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e loita contra a violencia de xénero no ano 2024.
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
28/11/2024
Dende o 13/11/2024 ata o 26/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible