Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
3 bolsas para prácticas Fundación ONCE-CRUE para estudantes con discapacidade da USC
A Universidade da Coruña convoca 3 bolsas-prácticas FUNDACIÓN ONCE-CRUE dirixidas ao alumnado universitario con discapacidade igual ou superior ao 33%, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento de prácticas académicas externas e promover así a mellora da súa empregabilidade e o seu futuro profesional.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 10/12/2024
Duración:
Cada bolsa terá unha duración de tres meses.
Requisitos:
Ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
Estar oficialmente matriculado/a, no momento da solicitude e do comezo das prácticas, en calquera grao ou máster (oficial ou propio) que imparta a UDC.
Terá preferencia o estudiantado de último curso e que teña superado o 50% dos créditos necesarios para obter o título de grao, incluídos, como mínimo, todos os créditos correspondentes á formación básica. No caso do alumnado de máster a porcentaxe anterior será do 25% no momento de finalización do prazo de inscrición.
Non manter relación contractual de tipo laboral, de prestación de servizos ou asimilable con ningunha empresa, institución ou entidade no momento do inicio das prácticas.
A bolsa é compatible con calquera outra axuda de carácter asistencial de natureza distinta ás axudas que son obxecto deste programa, calquera que sexa a súa orixe pública e privada a que poida acceder o alumnado, así como cunha posible pensión non contributiva por discapacidade, sempre dentro dos límites establecidos legalmente, así coma coas axudas que o/a estudante poida obter da empresa ou entidade de destino.
Para as prácticas curriculares estarase ao disposto no plan de estudos de cada titulación.
O alumnado que desexe solicitar unha das bolsas deberá inscribirse no portal web do programa de bolsas Prácticas Fundación ONCECRUE https://becas.fundaciononce.es/
Remuneración / Custo:
A Fundación ONCE efectuará o pagamento dunha cantidade de 2000 € por bolsa outorgada a cada estudante. As persoas beneficiarias recibirán 600 € ao mes durante un máximo de 3 meses e os 200 € restantes por estudante, cubrirán os gastos de asesoramento e apoio por parte da Universidade e gastos de Seguridade Social.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible