Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

6 bolsas Xunta de Galicia/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos nos Estados Unidos

Programa de bolsas Xunta de Galicia/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos de América durante o curso 2025-2026, en calquera especialidade ou área de actividade artísticas (artes audiovisuais; artes escénicas; artes plásticas e visuais; música e musicoloxía; museoloxía e conservación do patrimonio; xestión cultural).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 13/01/2025

Duración:

Mínimo de seis e máximo de dez meses continuados, no período comprendido entre agosto de 2025 e decembro de 2026.

Requisitos:

  • Ser maior de idade e ter a nacionalidade española. Non poderán optar á bolsa as persoas que teñan a dobre nacionalidade española e estadounidense; teñan dereito automático a adquirila por matrimonio ou filiación; ou dispoñan do permiso de residencia en EE.UU.
  • Estar vinculado a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional.
  • Posuír o título superior de grao ou outro título expedido por unha institución recoñecida que acredite a formación na disciplina artística de que se trate. Así mesmo, poderán optar á bolsa quen conte coa suficiente experiencia profesional para obter a carta de invitación ou admisión nun centro de EE.UU. Non poderán optar a esta bolsa quen terminase un doutoramento antes da data de inicio da estancia en EE.UU, nin quen o finalice durante o período de gozo desta.
  • Dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense para realizar un programa académico ou de investigación acorde co proxecto descrito na solicitude.
  • Coñecemento do idioma inglés -falado e escrito-, suficiente para desenvolver o proxecto proposto. Caso de non presentar os resultados de ningún exame, a Comisión resérvase o dereito de comprobar o nivel de inglés polos medios que considere adecuados.
  • Sen que sexa motivo de exclusión a esta convocatoria, darase preferencia aos candidatos que non teñan experiencia recente e ampla en EE. UU., así como aos que non gozasen previamente dunha bolsa Fulbright.
  • As persoas solicitantes deberán encher e enviar electronicamente a solicitude dispoñible na web da Comisión Fulbright xunto coa documentación adxunta correspondente

Remuneración / Custo:

A dotación das bolsas inclúe asignacións polos seguintes conceptos:

  • Viaxe de ida e volta e gastos varios de primeira instalación: 1.600 USD.
  • Asignación mensual de entre 2.830 e 4.300 USD en concepto de aloxamento, manutención e, no seu caso, taxas e gastos necesarios para o proxecto da bolsa.

As persoas bolseiras contan co apoio da Comisión binacional e dos organismos xestores en EE.UU. que lles prestarán os seguintes servizos: tramitación, xestión e administración da bolsa. Curso de orientación á saída de España, así como un curso preacadémico de verán nunha universidade estadounidense, se procede. Servizos de apoio, xestión e asesoría a través da rede de oficinas rexionais en EE.UU. Participación nos seminarios e actividades culturais e científicos que se organicen en nome de e polo Programa Fulbright, sempre que o orzamento do Programa o permita. Subscrición dunha póliza de seguro para o bolseiro por 100.000 USD por enfermidade ou accidente. Documentación necesaria, custo e xestión do visado "Exchange Visitor (J-1)" para o bolseiro e os correspondentes para os familiares ao seu cargo que lle acompañen durante polo menos o 50% da estadía.

Páxina web:

www.fulbright.es

Contacto:

Comisión Fulbright

Teléfono: 91 702 70 00 (de luns a venres de 9 a 14 horas)

Información sobre esta convocatoria e consultas sobre programas de estudo ou investigación en EE.UU: https://fulbright.es/contacto/formulario-de-contacto/

Consultas sobre o estado da solicitude: registro@fulbright.es

As bolsas contemplan a formación académica; a realización de actividades de investigación artística; o desenvolvemento de proxectos artísticos cun sólido compoñente investigador; e calquera combinación dos anteriores.

O proxecto proposto debe desenvolverse en EE.UU. nun nivel equivalente ao de estudos de posgrao, a tempo completo e de forma presencial, non admitíndose a priori actividades a distancia ou en liña. O Programa Fulbright apoiará os candidatos pero non xestiona o acceso ás institucións estadounidenses. É imprescindible dispoñer dunha carta de invitación ou admisión para optar a esta bolsa.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión