Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

638 prazas para profesorado visitante en Estados Unidos, Canadá, Alemaña e China

Prazas para profesorado visitante para impartir ensinos en español en programas de ensino bilingüe e de inmersión lingüística, español como lingua estranxeira, e outras áreas ou materias en centros educativos de Estados Unidos, Canadá, Alemaña e China.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 27/11/2024

ás 14:00 horas.

Duración:

Curso 2025/2026.

Requisitos:

  • Prazas en Estados Unidos, Canadá ou China, ter nacionalidade española. Plazas en Alemaña, ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados da Unión Europea.
  • Título de diplomatura, grao ou licenciatura, en diversas áreas ou materias (consultar anexo II da convocatoria).
  • Prazas en Estados Unidos:
    • Nivel B1 de inglés.
    • Polo menos dous anos de experiencia docente, a xornada completa, en ensino regrado non universitaria.
  • Prazas en Canadá:
    • Nivel B2 de inglés.
    • Polo menos dous anos de experiencia docente a xornada completa en ensino regrado non universitaria.
  • Prazas en Alemaña:
    • Nivel B2 de alemán e nivel C2 de español para solicitantes estranxeiros.
    • Título de máster que habilita para o exercicio da función docente, Certificado de Aptitude Pedagóxica ou equivalente
    • Polo menos dous anos de experiencia docente a xornada completa en ensino regrado non universitaria.
  • Prazas en China:
    • Nivel B2 de chinés ou inglés.
    • Título de máster que habilita para o exercicio da función docente, Certificado de Aptitude Pedagóxica ou equivalente.
    • Polo menos dous anos de experiencia docente a xornada completa en ensinos regrados de linguas, en educación secundaria ou universitaria.

Remuneración / Custo:

A remuneración variará en función da autoridade educativa contratante, a experiencia docente e a formación académica. As persoas seleccionadas deberán asumir os custos da viaxe e traslado, calquera gasto derivado da obtención do visado, permiso de traballo ou documentación requirida polas autoridades do país receptor, os custos de aloxamento e a manutención.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unidade de Acción Educativa Exterior

Paseo do Prado 28, 3.ª planta, 28071 Madrid

Correo electrónico: visitantes2@educacion.gob.es

Publicación:

BOE 06/11/2024 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 794673

As prazas que se ofrecen neste programa están asignadas a centros educativos de ensino primario e secundario para impartir docencia a tempo completo en:

  • Programas de ensino bilingüe e de inmersión lingüística, nos que o profesorado deberá impartir as áreas curriculares propias do sistema educativo do país correspondente.
  • Español como lingua estranxeira.
  • Outras áreas ou materias.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión