Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas ao estudo para o estudantado da USC, curso 2024/2025

A Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa Fundación Banco Santander, convoca 225 axudas que teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de aloxamento, transporte e/ou material de estudo que as persoas matriculadas en estudos de grao ou mestrado na USC deban afrontar durante o curso 2024/2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 05/11/2024

Requisitos:

  • Requisitos académicos
    • - Estar matriculado/a no curso 2024/25 en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC.
    • - Non estar en posesión ou en condición de posuír un título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos nos que se matricula para solicitar a axuda. 
    • - Formalizar matrícula de, polo menos, 30 créditos, ou no caso de estudos de grao, formalizala dos créditos restantes para rematar os estudos.
    • - Non poderá participar o estudantado que estea cursando na USC un programa de mobilidade entrante nacional ou internacional, así como o estudantado da USC que se atope cursando un programa de mobilidade noutra universidade.
  • Requisitos económicos
    • - A Renda Persoal Dispoñible (RPD) da persoa solicitante non poderá superar os 9.000 €
    • - Existencia de situacións laborais e económicas de especial gravidade posteriores ao ano 2023, que haberán de xustificarse documentalmente (neste suposto, poderase optar ás axudas aínda que no exercicio correspondente para o cálculo da RPD se superasen os 9.000 €)

Remuneración / Custo:

1.000 €/axuda

*No caso de que a persoa beneficiaria sexa tamén beneficiaria das axudas para manutención durante o curso 2024/2025, a contía da axuda será de 480 € (unha vez descontado o bono comedor recibido, valorado en 520 €)

**Estas axudas son incompatibles coa percepción de calquera outro tipo de axuda ou subvención de carácter público ou privado para a mesma finalidade. As persoas beneficiarias das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024/2025 para estudos postobrigatorios que perciban o compoñente por "residencia", non poderán destinar o importe destas axudas para gastos de aloxamento, pero si poderán destinalo a gastos de transporte e/ou material de estudo.

Páxina web:

https://sede.usc.es

Contacto:

Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado da Universidade de Santiago de Compostela

Pavillón Estudantil, 1º andar. Campus Vida (15782 -  Santiago de Compostela)

tel.: 881 814 574 - 881 814 560 - 881 814 525

correo-e: xerencia.axudas@usc.gal

www.usc.gal

Documentos:

bases completas .pdf (486 KB)

SOLICITUDE: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos en dúas fases:

1ª: a través do formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede electrónica da USC  https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/180/ver.htm

2º.: a través da plataforma do Banco Santander: http://app.santanderopenacademy.com/program/axudas-ao-estudo-para-o-estudantado-da-usc-durante-o-curso-2024-2025

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión