Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de Comedor da UDC, curso 2024/2025

A Universidade da Coruña convoca 200 bolsas de comedor para o alumnado matriculado no curso 2024/25, coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades de familias con rendas baixas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

  • 1º prazo: ata o 31/10/2024
  • 2º prazo: do 02/05/2025  ao 15/05/2025

Requisitos:

  • Alumnado matriculado nun centro da UDC en estudos oficiais de grao ou máster a tempo completo, no réxime presencial e que manteña a matrícula durante todo o curso 2024/25.
  • As persoas solicitantes deberán cumprir polo menos un dos seguintes requisitos:
    • a) Estar aloxadas durante todo o curso académico 2024/25 nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña para o alumnado da UDC. Deberán estar ao corrente no pagamento dos recibos.
    • b) Ter concedida unha axuda do plan propio da UDC para alumnado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2024/25.
    • c) Ter concedida unha axuda da convocatoria da UDC para o alumnado en situacións de dificultades económicas, no curso 2024/25

Remuneración / Custo:

O importe de cada bolsa é de 500 euros

Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda ou bolsa destinada ao mesmo fin de calquera administración ou entidade pública ou privada

Páxina web:

www.udc.gal

Contacto:

Universidade da Coruña

Servizo de Estudantes: Pavillón de Estudiantes - Campus de Elviña (15008 - A Coruña)

Tel.: 881 011 189 / 881 012 388 / 881 011 187 / 881 011 188

correo-e: bolsas@udc.gal

SOLICITUDES: tramitaranse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible en www.udc.es/gl/sape/bolsas_axudas_premios/Bolsas-comedor-formulario

Establécense 2 prazos segundo os requisitos establecidos para as solicitudes das bolsas:

  • 1º prazo: ata as 23:59 h do 31 de outubro de 2024
    • a) para os/as solicitantes aloxados/as durante todo o curso académico 2024/25 nunha residencia universitaria da UDC
    • b) para os/as solicitantes que teñan concedida unha axuda do plan propio da UDC para alumnado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2024/25.
  • 2º prazo: do 2 de maio ata as 23:59 h do 15 de maio de 2025 unicamente para os solicitantes que teñan concedida unha axuda da convocatoria da UDC para o alumnado en situacións de dificultades económicas, no curso 2024/25

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión