Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas de mobilidade destinadas ao estudantado de grao e máster oficial da USC ao abeiro do programa Erasmus+ para realizar prácticas en países do programa durante o curso 2024-2025.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
establécense 2 prazos de presentación de solicitudes: - Do 18 de outubro ao 18 de novembro de 2024. - Do 14 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2025.
Requisitos:
Estudantado matriculado na USC en estudos oficiais de grao ou máster. No caso dos estudos de grao é necesario ter superado, como mínimo, o 50% dos créditos da titulación.
Así mesmo, poderá participar na convocatoria na modalidade de titulado/a recente o estudantado de grao e mestrado oficial matriculado no último ano da súa titulación, sempre que a solicitude e a asignación da mobilidade se realicen antes de efectuar o depósito para a obtención do título.
O estudantado deberá acreditar, antes do remate do prazo de solicitude, o coñecemento de inglés ou doutras linguas estranxeiras indicadas pola entidade de destino, co nivel que esta especifique. O nivel mínimo esixido a todas as persoas solicitantes será o B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), que deberá acreditarse segundo os títulos incluídos no Anexo I ou a través das probas de nivel do CLM (parte A do nivel B1 (B1.A), nivel B2 (B2.A) ou C1 (C1.A)) ata o peche da convocatoria...
Remuneración / Dotación:
A contía da axuda económica individual dependerá da duración do período de mobilidade, do país de destino e do cumprimento dos requisitos para que a persoa solicitante sexa considerada dentro da categoría de estudantado con "menos oportunidades".
As axudas de mantenza poden ir dos 400€/mes aos 750€/mes...
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible