Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2025-2026. 1º de Bacharelato en Canadá

O Concello da Coruña convoca un mínimo de 25 bolsas para realizar 1º de bacharelato en Canadá, de cara a mellorar as competencias lingüísticas do alumnado matriculado en 4º da ESO durante o curso 2024-2025 nun centro educativo da cidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024

Duración:

A estadía en Canadá comezará en agosto ou setembro de 2025 e finalizará en xuño de 2026.

Requisitos:

  • Alumnado escolarizado nun centro educativo do termo municipal do Concello da Coruña.
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE).
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, de ser o caso, no Concello da Coruña no momento da solicitude.
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar situado no termo municipal da Coruña, no curso 2024-2025.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
  • Solicitudes (o nome da persoa que debe aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe ser o do/a menor que solicita a bolsa):
    • 1º: Facer a inscrición en liña na web municipal a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado e que debe ser achegado co resto de documentación para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.
    • 2º: Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais.

Remuneración / Dotación:

Dous tipos de bolsas:

  • Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95 % e un mínimo do 65% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos. As familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Concello da Coruña. Concellaría de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica

Servizo Municipal de Educación. Tel. 981 184 200 Ext. 10911

educacion@coruna.gal

Publicación: 

BOP 20/11/2024

Documentos:

Bases Bolsas Norteamérica (946 KB)

O programa inclúe:

  • Estadía en Canadá durante o período correspondente a un ano académico neste país, vivindo cunha familia residente.
  • Escolarización nun centro educativo de Canadá (High School).
  • Organización de xornadas informativas para o alumnado participante no programa.
  • Tramitación e obtención do visado de entrada en Canadá.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino en Canadá.
  • Seguimento e control da vida dos/das menores na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico no centro, así como da súa vida social.
  • Validación dos estudos realizados polo alumnado en Canadá ante a Administración Educativa. 
  • Asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.
  • 120 € mensuais durante os meses de estadía en Canadá.
  • 400€ para o alumnado valorado con 10 ou 9 puntos no criterio de baremación "Situación económica da unidade familiar nuclear", condicionados ao previo informe de vulnerabilidade social emitido polos servizos sociais municipais. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión