Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de bolsas "The Exponential Fellowship", 2024-2025
A Fundación Barrié e a Asociación “The Exponential Fellowship” anuncian a convocatoria da 1ª edición The Exponential Fellowship, un programa de bolsas que proporciona a titulados universitarios a oportunidade de adquirir experiencia profesional en startups de alto crecemento en Estados Unidos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
ata cubrir prazas
Requisitos:
Nacionalidade española.
Vinculación con Galicia, entendendo que existe tal vinculación cando concorra polo menos un dos seguintes casos:
- solicitantes nados en Galicia
- solicitantes residentes en Galicia durante polo menos dous anos consecutivos e inmediatamenteanteriores á data de peche da convocatoria
- solicitantes fillos de nai e/ou pai nado en Galicia.
Titulación universitaria de carácter oficial en disciplinas técnicas, entre as que se atopan, sen carácter limitativo:
Estatística
Enxeñería aeronáutica
Intelixencia artificial
Enxeñería civil
Enxeñería eléctrica
Enxeñería electrónica
Enxeñería de datos
Enxeñería industrial
Enxeñería informática
Enxeñería mecánica
Enxeñería mecatrónica
Enxeñería de sistemas
Enxeñería de software
Enxeñería de telecomunicacións
Matemáticas
Nivel alto de competencia lingüística en lingua inglesa (C1 ou superior)
Dedicación exclusiva durante un mínimo de 12 meses.
Valorarase a capacidade demostrada de construír software e a experiencia laboral previaen o sector (1-3 anos) relacionada co perfil do posto convocado
Remuneración / Dotación:
Experiencia profesional mínima de 12 meses como Software Engineers nunha contorna internacional
Salario bruto anual entre os 80.000 e 150.000 dólares
Asignación única de 1.500 euros en concepto de gastos de viaxe
A convocatoria ten por obxecto a contratación na categoría Software Engineer de nivel inicial, durante un período de 12-18 meses a un máximo de 6 titulados universitarios vinculados a Galicia en startups situadas nos principais hubs do emprendimiento: San Francisco e Nova York.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible