Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Talento Cooperativo: convocatoria da selección de persoas para ás Bolsas de EspazoCoop

O obxecto desta convocatoria é seleccionar 4 persoas bolseiras, menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, que estean en situación de desemprego e que teñan formación e cualificación en áreas de xestión de empresa para incorporarse nalgunha das cooperativas beneficiarias seleccionadas, realizando prácticas na xerencia e nun proxecto de apoio e mellora na entidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/11/2024 ata o 30/04/2025

Inscricións:

Ata o 28/10/2024

Requisitos:

  • Persoas menores de 30 anos, con preferencia de mulleres, que estean en situación de desemprego, permiso de traballo por conta allea en España, e en posesión do título de grao, diplomatura ou licenciatura en titulacións relacionadas coa xestión empresarial (Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Empresariais, Relacións Laborais, ...), tamén de Ciclos Superiores de formación profesional en especialidades relacionadas coa xestión empresarial.
  • Perfís en sintonía coa economía social, ou con sensibilidade, predisposición e inquietude por modelos empresariais con esa orientación.
  • As Bolsas son un programa formativo (teórico e práctico), e as persoas bolseiras seguirán un Plan de Traballo establecido, de xerencia dunha empresa cooperativa, tendo como obxectivo final a elaboración dun proxecto de Plan de Mellora para a mesma.
  • Localización xeográfica das entidades beneficiarias do Programa 'Talento Cooperativo' - A Coruña (1 entidade/bolsa) - Ferrol (1 entidade/bolsa) - Vigo (1 entidade/bolsa) - Moaña (1 entidade/bolsa)

Remuneración / Custo:

  • Formalizarase un contrato de traballo en prácticas, de 25 horas semanais, coa correspondente cotización á Seguridade Social. Cada persoa bolseira recibirá una retribución bruta mensual de 700,00 €.
  • A adicación semanal da persoa bolseira será de 25 horas semanais, e desenvolverase ao longo de 6 meses.

Páxina web:

https://espazo.coop

Contacto:

Espazo Coop

Tel.: 986 866 149. De 9:00 a 14.00 horas, de luns a venres

roberto@espazo.coop

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión