Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso de relatos curtos sobre o Camiño de Santiago

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Navarra, convoca o V Concurso de Relatos curtos sobre o Camiño de Santiago.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 01/11/2024

Requisitos:

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen, con independencia da súa nacionalidade e residencia.
  • Os traballos presentados ao premio deben ter relación con algunha das distintas rutas do Camiño de Santiago de Compostela. Poden estar inspirados nos costumes, historia, tradición do Camiño de Santiago e nas experiencias e vivencias do peregrino.
  • Cada relato deberá cumprir coas seguintes condicións:
    • Presentarase en documento Word
    • No encabezamiento figurará o título do relato. Extensión máxima: dous folios (DIN A4) escritos por unha soa cara.
    • Tamaño da fonte: 12.
    • Interlineado: Sinxelo. Idioma: Español.
    • Debe estar escrita polo autor, sen utilizar programas de intelixencia artificial.
  • Cada concursante poderá presentar un máximo de tres relatos. Cada un deles deberá ser orixinal e inédito, non ser publicado en revistas, xornais, libros ou outros medios similares e non ser premiado noutros concursos

Remuneración / Custo:

Establécese un único premio de 300 €, diploma acreditativo e publicación do relato en revístaa Estafeta Xacobea.

Páxina web:

www.caminodesantiagoennavarra.es

Contacto:

Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Navarra

Apartado de Correos 244 (31080 - Pamplona)

Tel.: 646 947 291

correo-e: info@caminodesantiagoennavarra.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión