Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso de relatos "#HoxeEscriboEn 2024"

A Biblioteca Provincial e a Sección de Turismo da Deputación da Coruña convocan a edición 2024 de #HoxeEscriboEn, o cuncurso de microrrelatos que ten como obxectivos fomentar o talento creativo e a difusión do patrimonio dos concellos da provincia da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/09/2024

(prazo ampliado)

Requisitos:

  • Poderán participar todas as persoas físicas, maiores de idade, usuarias ou non da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, de xeito libre. 
  • Os microrrelatos presentados ambientaranse ou farán referencia a un concello da provincia da Coruña e deberán estar relacionados con algún destes temas: historia local, lendas propias, tradicións do pobo, persoas destacados, valores positivos do concello, riqueza natural, cultural ou medioambiental ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do concello.
  • Deberán estar escritos en galego ou castelán, ser inéditos e non ter sido presentados en ningún outro concurso.
  • O texto terá unha extensión máxima de 500 palabras, escrito a dobre espazo con letra Times New Roman, en corpo 12, tamaño DIN A4 a unha soa cara.
  • A presentación dos relatos farase a través do formulario habilitado na web https://dacoruna.gal

Remuneración / Custo:

  • 1º premio: estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo e cea incluídos, nun establecemento tipo cabanas rurais da provincia da Coruña.
  • 2º premio: estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nun establecemento rural da provincia da Coruña.
  • 3º premio: comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia da Coruña

Ademais, entre os participantes sortearanse varios lotes de produtos da provincia.

Páxina web:

https://dacoruna.gal/biblioteca

Contacto:

Biblioteca Deputación da Coruña

Rúa Riego de Auga, 37 (15001 - A Coruña)

Tel.: 981 080 176

correo-e: biblioteca.info@dacoruna.gal

www.facebook.com/bibliodicoruna

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión