Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/04/2025
Requisitos:
Pode participar o alumnado de 3º e 4º da ESO, de bacharelato e de ciclos de FP dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.
Cada participante ou grupo participante preparará un vídeo sobre un tema relacionado coas Matemáticas, coordinado(s) por un/ha profesor/a.. A temática e enfoque poderá ser máis formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación) ou poderá recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social, así como contribucións sobre matemáticas e matemáticos que amosen as súas achegas científicas e, nomeadamente, con especial influencia no progreso científico de Galicia.
A duración dos vídeos non será inferior a 1 minuto e medio e non será superior a 2 minutos e medio.
É condición indispensable que a lingua empregada sexa o galego.
Os participantes poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico para a realización da curtametraxe.
Os traballos presentados, realizados integramente polos/as participantes, deben ser inéditos e orixinais.
Os/as concursantes deberán subir a unha canle de YouTube o vídeo confeccionado e proporcionar unha ligazón válida para a visualización da curtametraxe
Os proxectos realizados e documentación asociada (ligazón a YouTube, datos de contacto, informe e autorizacións) deberán remitirse ao correo-e zmatdeca@usc.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible