Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

Concurso Explícoche Matemáticas 2.0

Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/04/2025

Requisitos:

  • Pode participar o alumnado de 3º e 4º da ESO, de bacharelato e de ciclos de FP dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.
  • Cada participante ou grupo participante preparará un vídeo sobre un tema relacionado coas Matemáticas, coordinado(s) por un/ha profesor/a.. A temática e enfoque poderá ser máis formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación) ou poderá recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social, así como contribucións sobre matemáticas e matemáticos que amosen as súas achegas científicas e, nomeadamente, con especial influencia no progreso científico de Galicia.
  • A duración dos vídeos non será inferior a 1 minuto e medio e non será superior a 2 minutos e medio.
  • É condición indispensable que a lingua empregada sexa o galego.
  • Os participantes poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico para a realización da curtametraxe.
  • Os traballos presentados, realizados integramente polos/as participantes, deben ser inéditos e orixinais.
  • Os/as concursantes deberán subir a unha canle de YouTube o vídeo confeccionado e proporcionar unha ligazón válida para a visualización da curtametraxe
  • Os proxectos realizados e documentación asociada (ligazón a YouTube, datos de contacto, informe e autorizacións) deberán remitirse ao correo-e zmatdeca@usc.es

Remuneración / Dotación:

  • 1º premio: 350 €
  • 2º premio: 250 €.

Páxina web:

www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica

Contacto:

Facultade de Matemáticas da USC

Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - Campus Vida (15782 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881813219

correo-e: zmatdeca@usc.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible