Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso Fotográfico Calendario 2025 #Arteixoémar

O Concello de Arteixo convoca o concurso fotográfico #Arteixoémar” para seleccionar as fotografías que ilustrarán o calendario municipal do 2025. A temática desta edición será a relación de Arteixo co mar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/09/2024

Requisitos:

  • Para poder participar, haberá que ser seguidor ou comezar a seguir a páxina de Facebook ou de Instagram o Concello de Arteixo: www.facebook.com/ConcellodeArteixoOficial ou www.instagram.com/concellodearteixo
  • A participación no concurso farase a través da aplicación Easypromos subindo unha foto feita polo/a participante (ou da que teña dereitos de autoría e reprodución) na que mostre un obxecto, evento ou persoa relacionada co mar ou a pesca en Arteixo. A fotografía deberá realizarse no Concello de Arteixo.
  • A fotografía deberá ter calidade suficiente para ser impresa no calendario físico sen disminución de calidade: o arquivo ha de ter un mínimo de resolución de 30x20 cm a 300 ppp e enviarase en formato JPEG, PNG ou TIFF.

Remuneración / Dotación:

Outorgaranse 12 premios para as 12 fotografías mellor valoradas:

  • - 500 € para a foto que máis puntos obteña
  • - 300 € para a segunda
  • - 200 € para a terceira
  • - 100 € para as nove seguintes clasificadas

Páxina web:

https://pr.easypromosapp.com

Contacto:

Concello de Arteixo

Praza Alcalde Ramón Dopico, 1 (15142 - Arteixo)

Tfno.: 981 60 00 09

correo-e: correo@arteixo.org

https://arteixo.org

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión