Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso fotográfico sobre o Camiño de Santiago

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Navarra, convoca o XXXI Concurso fotográfico "Andrés Muñóz Garde" sobre o Camiño de Santiago.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 01/11/2024

Requisitos:

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen, con independencia da súa nacionalidade e residencia. No caso de que o participante sexa menor de idade, necesitarase a autorización do seu responsable legal.
  • A temática será exclusivamente relacionado coas rutas do Camiño de Santiago en España. As fotografías deben ser facilmente reconocibles como pertencentes a estas rutas pola presenza de peregrinos, edificios e lugares emblemáticos do Camiño ou símbolos xacobeos: mouteiras xacobeas, frechas amarelas ou cunchas.
  • As fotografías poden presentarse tanto en cor como branco e negro. Só poderán conter axustes xerais, entendendo por tales a cor, a luz, brillo, contraste, saturación, conversión a branco e negro, virado a sepia,... etc. Axustes que non modifiquen nin desvirtúen substancialmente a toma.
  • Presentarase en papel fotográfico e o tamaño da imaxe estará comprendido entre un mínimo de 30 cm e un máximo de 45 cm no seu lado maior, sen soporte algún.
  • Cada concursante poderá presentar ata un máximo de tres fotografas en total. Cada unha delas deberá ser orixinal, non ser publicada en revistas, xornais, libros ou outros medios similares e non ser premiada noutros concursos.
  • As fotografías presentaranse en papel fotográfico e o tamaño estará comprendido entre 30 cm mínimo e 45 cm máximo no seu lado maior, sen soporte. Deberase enviar unha copia do arquivo dixital, cun tamaño mínimo de 3 MB.

Remuneración / Custo:

  • A) Categoría xeral:
    • Primeiro premio: 300 €.
    • Segundo premio: 200 €.
    • Terceiro premio: 100 €.
  • B) Membros da Asociación:
    • Primeiro Premio: 200 €
    • Segundo Premio: 100€

Páxina web:

www.caminodesantiagoennavarra.es

Contacto:

Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Navarra

Apartado de Correos 244 (31080 - Pamplona)

Tel.: 646 947 291

correo-e: info@caminodesantiagoennavarra.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión