Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

IX Certame de fotografía e outras expresións gráficas contra as violencias machistas

A Deputación de Albacete convoca o IX Certame de fotografía e outras expresións gráficas contra as violencias machistas, cuxa finalidade é recompensar aqueles traballos que mellor contribúan á información e sensibilización para a erradicación de calquera forma de violencia contra mulleres.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/09/2024

Requisitos:

  • Poderán participar persoas maiores de 16 anos.
  • Os traballos deberán ser necesariamente orixinais e inéditos; non sendo premiados noutros concursos, nin publicados previamente.
  • Os traballos presentaranse en formato dixital podendo utilizarse calquera técnica artística xa sexa manual ou dixital.
  • Quen participe responsabilizarase de que non existan dereitos de terceiras persoas sobre as súas obras.
  • A presentación de cada obra realizarase a través dun arquivo en formato JPG, ou PDF, cunha resolución mínima de 300 ppp (píxeles por polgada), onde o seu lado maior teña como mínimo 4.000 píxeles.
  • Poderanse presentar como máximo 5 traballos por persoa, debendo neste caso cumprimentarse unha única instancia.
  • Poderase acompañar unha breve memoria explicativa cunha extensión máxima de 15 liñas cun tamaño de letra de 12 pt, na que se fará constar o título das obras.

Remuneración / Dotación:

Primeiro premio: 1.000 euros

Segundo premio: 650 euros

Terceiro premio: 350 euros

Páxina web:

https://sede.dipualba.es/

Contacto:

Deputación Provincial de Albacete

Paseo da Liberdade, 5

02001, Albacete

Telf: +34 967 59 53 00

Mail: dpd@dipualba.es

Documentos:

Basees do certame (34 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión