Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios internacionais de poesía da Deputación de Soria

A Deputación Provincial de Soria, a través do seu Departamento de Cultura e Mocidade, convoca en 2024 os seguintes premios internacionais de poesía: o XL Premio "Gerardo Diego" de Poesía para Autores Noveis e o XLIII Premio "Leonor" de Poesía

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 19/07/2024

Requisitos:

  • Requisitos específicos para o Premio "Gerardo Diego" de Poesía para Autores Noveis: poderán presentarse a este concurso poetas de calquera nacionalidade que non publicasen ningún libro de poemas, sempre que os traballos que concursen estean escritos en español.
  • Requisitos específicos para o Premio "Leonor" de Poesía: poderán presentarse a este concurso poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen estean escritos en español. Quedan excluídos desta convocatoria os autores premiados en anteriores edicións deste Premio.
  • Requisitos xerais para ambos os Premios:
    • - Os traballos serán orixinais e inéditos en calquera soporte, e comprenderán unha colección de poemas non premiados anteriormente en ningún outro concurso.
    • - O tema e forma serán libres.
    • - A extensión dos traballos non será menor de 500 versos nin excederá de 1000.
    • - Os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografiados por unha soa cara, en Din A-4, debidamente grapados, cosidos ou encadernados.
    • - A presentación farase de maneira presencial ou por correo postal no Departamento de Cultura e Mocidade da Deputación Provincial de Soria ou na plataforma en liña habilitada en https://certamenespoesia.dipsoria.es/.

Remuneración / Dotación:

  • 5.000 € para o/a gañador/a de o para o Premio "Gerardo Diego" de Poesía para Autores Noveis
  • 10.000 € para o/a gañador/a de o para o Premio "Leonor" de Poesía

Páxina web:

www.dipsoria.es

Contacto:

Deputación Provincial de Soria

Departamento de Cultura e Mocidade. Rúa Caballeros, 17, (42003 - Soria)

Tel..: 975 10 10 00

correo-e: certamenespoesia@dipsoria.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión