Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

V Concurso María Balteria de Creaciones Artísticas

A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, dependente da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, convoca un concurso coa finalidade de darlle difusión, publicidade e visibilidade ao protocolo ante situacións de acoso da UDC a través do deseño dun cartel, vídeo, podcast, microrrelato ou micropoema.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 04/10/2024

Requisitos:

As propostas presentadas deben orientarse á sensibilización, prevención, detección e loita fronte o acoso sexual ou por razón de sexo ou orientación e identidade sexual.

A presentación a través da modalidade de cartel terá como finalidade a difusión do "Protocolo para a prevención, detección e actuación da UDC ante situacións de violencia de xénero, violencias sexuais, violencias LGTBIfóbicas, discriminación ou acoso sexista ou por razón de sexo, orientación afectivo-sexual, identidade ou expresión de xénero e características sexuais" da UDC.

As presentacións deben realizarse nos seguintes formatos:

  • Cartel: entregarase en formato JPG con 300 ppp.
  • Vídeo: terá unha duración máxima de 2 minutos. Admitiranse microvídeos realizados con dispositivos móbiles ou en plataformas dixitais creadas para tal fin (TikTok, Instagram ou similar) sempre que estean libres de publicidade e que conten cos permisos de reprodución e difusión pertinentes.
  • Podcast: terá unha duración mínima de 5 minutos e máxima de 10 minutos. Entregarase nun ficheiro en formato MP4.
  • Microrrelatos ou micropoemas: a extensión máxima será de 200 palabras. Entregaranse en formato PDF.

Remuneración / Dotación:

Modelidade de cartel:

  • Primeiro premio: 300 €
  • Segundo premio: 200 €

Modalidades de vídeo, podcast, microrrelato ou poema:

  • Primeiro premio: 300 €
  • Segundo premio: 200

Páxina web:

https://sede.udc.gal/services/

Contacto:

Oficina para a Igualdade de Xénero no Campus de Elviña

Casa do Lagar, Campus de Elviña

15008, A Coruña

Oficina para a Igualdade de Xénero no Campus de Ferrol

Edificio de Servizos Administrativos

15403 Campus Esteiro, Ferrol

Telf: 881 01 19 52

Mail: oficina.igualdade@udc.gal

Documentos:

Bases da convocatoria (1013 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión