Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XII Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño

A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC convoca o XII Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de grados e masters.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 04/10/2024

Requisitos:

Poderán presentarse os traballos de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM) defendidos no curso 2023/24 en calquera das titulacións oficiais de grao e mestrado impartidas na UDC.

Deberase presentar o modelo de solicitude (Anexo I) e o consentimento para a obtención de datos persoais, captación e difusión de datos (Anexo 2) cubertos e asinados, xunto cunha ligazón ao cartafol que conteña:

  • documento íntegro do TFG ou TFM;
  • resumo do traballo realizado (entre 1500 e 3000 palabras) en que se describan os obxectivos do traballo, metodoloxía e conclusións, así como a forma en que se introduciu a perspectiva de xénero no traballo; 
  • copia do DNI escaneado

A documentación presentarase preferiblemente mediante o Rexistro Electrónico da UDC.

Remuneración / Dotación:

O xurado seleccionará os dous mellores TFM entre todos os presentados, e os dous mellores TFG de cada unha das seguintes áreas:

  • Artes e Humanidades
  • Ciencias e Ciencias daSaúde
  • Ciencias Sociais e Xurídicas
  • Enxeñaría e Arquitectura

As contías dos premios serán as seguintes:

  • TFG por cada área: 1.º premio, 800 € e diploma acreditativo; 2.º premio 200€, e diploma acreditativo.
  • TFM: 1.º premio, 800 € e diploma acreditativo; 2.º premio 200€, e diploma acreditativo

Páxina web:

https://sede.udc.gal/

Contacto:

Oficina para a Igualdade de Xénero no Campus de Elviña

Casa do Lagar, Campus de Elviña

15008 A Coruña

Oficina para a Igualdade de Xénero no Campus de Ferrol

Edificio de Servizos Administrativos

15403 Campus Esteiro, Ferrol

Telf: 881011952

Mail: oficina.igualdade@udc.gal

Documentos:

Bases da convocatoria (559 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión